Capítulo 107 Deus líbranos das afliccións

1 Den grazas ao Señor, porque Él é bo; porque para sempre é a súa misericordia.

2 Dígano ós redimidos do Señor, a quenes redimiu da man do adversario 3 e os reuniu das terras, de oriente e do occidente, do norte e do sur. 4 Vagaron polo deserto, por lugar desolado, non atoparon camiño á cidade habitada; 5 famentos e sedentos, a súa alma desfalecía neles.

6 Daquela na súa angustia clamaron ao SEÑOR, e Él os librou das súa afliccións; 7 e os guiou polo camiño recto, para que fosen a unha cidade habitada. 8 Den grazas ao SEÑOR, pola súa misericordia e polas marabillas para cos fillos dos homes.

9 Porque él saciou á alma sedenta, e encheu de bens a alma famenta.

10 Habitantes da escuridade e da sombra da morte, prisioneiros na miseria e nas cadeas, 11 porque foron rebeldes ás palabras de Deus e despreciaron o consello do Altísimo; 12 humillou pois, os seus corazóns con traballos, tropezaron e non houbo quen os axudara.

13 Entón na súa angustia clamaron ao SEÑOR e Él os salvou das súas afliccións; 14 sacounos da escuridade e da sombra da morte e rompeu as súas ataduras.

15 Den grazas ao SEÑOR pola sua misericordia e pola súas marabillas para cos fillos dos homes.

16 Porque Él rompeu as portas de bronce e fixo anacos as barras de ferro. 17 Por mor dos seus camiños rebeldes, e por mor das súas iniquidades, os insensatos foron aflixidos.

18 A súa alma aborreceu todo alimento, e achégaronse ata as portas da morte.

19 Entón na súa angustia clamaron ao SEÑOR e Él os salvou das súas afliccións. 20 Él mandou a súa palabra e os sanou e os librou da morte. 21 Den grazas ao SEÑOR pola súa misericordia e polas súas marabillas para cos fillos dos homes. 22 Ofrezan tamén sacrificios de acción de grazas e proclamen as súas obras con cantos de xúbilo. 23 Os que baixaron ao mar en barcos e fan negocio sobre grandes augas, 24 eles viron as obras do SEÑOR e as súas marabillas no profundo. 25 Pois Él falou, e levantou un vento tempestuoso que enrolou as ondas do mar. 26 Subiron aos ceos, baixaron as profundidades, as súas almas consumíanse polo mal. 27 Tremían e cambaleábanse como borrachos, e toda pericia desapareceu. 28 v 28 Entón na súa angustia clamaron ao SEÑOR e Él sacounos das súas afliccións. 29 Tornou a tormenta en calma e as ondas do mar calaron. 30 Entón alegráronse porque as ondas do mar acougaron , e Él os guiou ao porto anxeado. 31 Den grazas ao SEÑOR pola súa misericordia e polas marabillas para cos seus fillos dos homes. 32 Exálteno tamén na congregación do pobo, e alábeno na reunión dos anciáns. 33 Él converte os ríos en desertos e os mananciais en secadales;v 34 34 a terra fértil en salinas, pola maldade dos que moran nela. 35 Transforma o deserto en estanque de augas, e a terra seca en mananciais; 36 nela fai morar aos famentos, para que establezan unha cidade onde vivir, 37 e sembren os seus campos, pranten viñas, e recollan unha colleita abundante.

38 Tamén os bendice e os multiplica moito, e non diminúe o seu gando. 39 Cando son diminuidos e abatidos pola opresión, a calamidade e a aflicción, 40 verte desprezo sobre os príncipes, e os fai vagar por un deserto sen camiño. 41 Pero ao pobre levántao da miseria e o pon seguro no alto, e multiplica as súas familias como un rebaño.

42 Os rectos veno e alégranse, pero toda iniquidade cerra a súa boca.

43 ¿ Quén é sabio? Que preste atención a éstas cousas, e considere as bondades do SEÑOR.