6 Había colgaduras de liño branco e violeta, sostidas por cordóns de liño fino e púrpura en aneis de prata e columnas de mármore, e leitos de ouro e prata sobre o chan mosaico de pórfido, de mármore, de alabastro e de pedras fermosas. 7 As bebidas servíanse en vaixelas de ouro de diferentes formas, e o viño real abondaba conforme a liberalidade do rei. 8 E bebíase conforme a lei, non había obriga, porque o rei así dera ordes a todos os oficiais da súa casa para que fixeran conforme aos desexos de cada persoa. 9 A raíña Vasti tamén fixo un banquete para as mulleres no pazo que pertencía ao rei Asuero.
10 Ao sétimo día, cando o corazón do rei estaba alegre polo viño, él ordeou a Mehumán, a Bitza, a Harbona, a Bigta, a Abagta, a Zetar e a Carcas, os sete eunucos que servían na presenza do rei Asuero, 11 que trouxeran á raíña Vasti á presenza do rei coa súa coroa real, pra mostrar ao pobo e aos príncipes a súa beleza, porque era moi fermosa. 12 Pero a raíña Vasti rexeitou vir ao mandato do rei transmitido polos eunucos. Entón o rei enfadouse moito e acendeuse a súa furia nel. 13 15 E o rei dixo aos sabios que coñecían os tempos (pois era costume do rei consultar así a todos os que coñecían a lei e o dereito, 14 e estaban a carón del Carsena, Setar, Admata, Tarsis, Meres, Marsena e Memucán, os sete príncipes de Persia e Media que tiñan entrada na presenza do rei e que ocupaban os primeiros postos no reino): Conforme a lei, ¿que se debe facer coa raíña Vasti, por non haber obedecido o mandato do rei Asuero transmitido polos eunucos? 16 E na presenza do rei e dos príncipes, Memucán dixo: A raíña Vasti no só ofendeu ao rei senón que tamén a todos os príncipes e a todos os pobos que están en todas as provincias do rei Asuero. 17 Porque o comportamento da raíña chegará a coñecerse por todas as mulleres e fará que elas miren con desprezo aos seus maridos, e digan: " O rei Asuero ordeou que a raíña Vasti fose levada a súa presenza, pero ela non foi". 18 E dende hoxe as señoras de Persia e Media que escoitaron do comportamento da raíña falarán do mesmo xeito a todos os príncipes do rei, e haberá moito desprezo e rabia. 19 Se lle gusta ao rei, proclame él un decreto real e que se escriba nas leis de Persia e Media para que non sexa revogado, que Vasti non entre máis á presenza do rei Asuero, e que o rei dé o título de raíña a outra que sexa máis digna ca ela.
20 E cando o decreto que faga o rei sexa escoitado por todo o seu reino, inmenso como é, entón todas as mulleres darán honra os seus maridos, dende o maior ata o menor. 21 Esta palabra pareceulle ben ao rei e aos príncipes, e o rei fixo segundo o dito por Memucán. 22 E mandou cartas a todas as provincias do rei, a cada provincia segundo a súa escritura e a cada pobo segundo a súa lingua, para que todo home fora señor na súa casa e que nela se falara a lingua do pobo.