Esther elexida raíña

1 Despois destas cousas, cando a furia do rei Asuero se amainou, él acordouse de Vasti, do que ela había feito e do que se había decretado contra ela.

2 Entón os cortesáns ao servicio do rei, dixeron: Busquen para o rei mozas vírxenes e de bo parecer. 3 E que o rei nomee oficiais en todas as provincias do seu reino para que xunten a todas as mozas vírxenes e de bo parecer na fortaleza de Susa, no harén, baixo custodia de Hegai, eunuco do rei, encargado das mulleres, e que lles den os seus cosméticos. 4 E a moza que agrade o rei sexa raíña no lugar de Vasti. E isto parecéulle ben o rei, e así o fixo. 5 6 E había na fortaleza de Susa un xudío que se chamaba Mardoqueo, fillo de Xair, fillo de Simei, fillo de Cis, benxamita, que fora deportado de Xerusalén cos cautivos que foran deportados con Xeconías, rei de Xudá, a quen deportara Nabucodonosor, rei de Babilonia. 7 E Mardoqueo estaba criando a Hadasa, é dicir, Esther, filla do seu tío, pois ela non tiña nin nai nin pai. A moza tiña unha fermosa figura e de bo parecer, e cando o seu pai e nai faleceron, Mardoqueo tomouna como a súa filla. 8 E sucedeu que cando o mandato e o decreto do rei foron oídos, moitas mozas foron xuntadas na fortaleza de Susa baixo a custodia de Hegai; e Esther tamén foi levada ao pazo do rei, baixo a custodia de Hegai, encargado das mulleres. 9 A moza agradoulle e atopou favor por parte del, polo que se apurou en proporcionarlle cosméticos e alimentos; deulle sete doncelas escollidas do pazo do rei, e trasladouna xunto coas doncelas ao mellor lugar do harén. 10 Esther non deu a coñecer nin o seu pobo nin o seu parestesco, porque Mardoqueo lle mandara que no os dera a coñecer. 11 E todos os días Mardoqueo paseábase diante do patio do harén para enterarse de cómo estaba Esther e qué lle sucedía. 12 Cando lle tocaba a cada moza vir ao rei Asuero, ao cumprirse os seus doce meses, según as ordenanzas para as mulleres, pois os días do seu embelecemento cumpríanse así: seis meses con especias e cosméticos para as mulleres, 13 entón a moza viña ao rei desta maneira: calquer cousa que ela desexara se lle concedía para que levara consigo do harén ao pazo do rei. 14 Ela entraba pola tarde e a mañá seguinte volvía ao segundo harén, baixo a custodia de Saasgaz, eunuco do rei, encargado das concubinas. Ela non iba outra vez ao rei a menos que o rei quedara complacido dela e fora chamada por nome. 15 Cando a Esther, filla de Abihail, tío de Mardoqueo, que a tomara como filla, lle tocou vir ao rei, ela non pediu ningunha cousa só o que lle aconsellou Hegai, eunuco do rei, encargado das mulleres. E Esther atopou favor ante os ollos de cantos a viron.

16 Esther foi levada o rei Asuero ao seu pazo real o mes décimo, que é o mes Tebet, no ano sétimo do seu reinado. 17 O rei amou a Esther máis que as outras mulleres, e ela atopou gracia e bondade con él máis que todas as demáis vírxenes, e él puxo a coroa real sobre a súa cabeza e a fixo raíña no lugar de Vasti. 18 Entón o rei fixo un gran banquete para todos os seus príncipes e servos, o banquete de Esther. Tamén concedeu un día de descanso para as provincias e deu presentes conforme a liberalidade do rei. 19 Cando as vírxenes foron xuntadas por segunda vez, Mardoqueo estaba sentado á porta do rei.

20 Esther aínda non dera a coñecer a súa parentela nin o seu pobo, tal como Mardoqueo lle mandara, porque Esher fixo o que lle dixera Mardoqueo, como cando estaba baixo a súa tutela. 21 Naqueles días, estando Mardoqueo sentado á porta do rei, Bigtán e Teres dous eunucos do rei, gardiáns do umbral, enfadáronse e estaban na procura de botar man ao rei Asuero. 22 Pero o asunto chegouno a saber Mardoqueo, e él llo comunicou a raíña Esther, e Esther informou ao rei en nome de Mardoqueo. 23 E cando se investigou o asunto e dado por verdadeiro, os dous eunucos foron colgados na forca; e isto foi escrito no libro de Crónicas na presenza do rei.