Salmo 71

1 Ó Iahveh! en ti puxen a miña confianza,

non sexa eu avergoñado xamais.

2 Líbrame na túa xustiza e faime fuxir!

Inclina a min o teu ouvido, e sálvame!

3 Se para min rocha de refuxio,

onde eu poida ir sempre.Ti diches o mandamento para me salvar,

porque Ti es a miña Rocha e a miña fortaleza.

4 Meu Deus, rescátame da man do malvado,

da man do perverso e do violento,

5 Porque ti, ó Señor Iahveh,

es a miña esperanza;

a miña confianza desde a miña xuventude.

6 Por ti fun sustentado desde o ventre,

Ti es quen me sacou das entrañas da miña nai.

Para ti será a miña louvanza por sempre.

7 Co tempo fun asombro de moitos,

porque ti es o meu refuxio forte.

8 A miña boca está chea da túa louvanza,

e da túa gloria todo o día.

9 No tempo da vellez, no me rexeites,

nen me desampares cando se esgote o meu vigor.

10 Porque os meus inimigos falaron contra min

e os que andan á procura a miña alma conspiran xuntos,

11 dicindo: Deus desamparouno,

perseguídeo e prendédeo, pois non hai quen o libre!

12 Ó Deus, non te alonxes de min!

Meu Deus, socórreme a présa.

13 Sexan avergoñados e perezan

os inimigos da miña alma;

sexan cheos de vergoña e confusión os que procuran o meu mal.

14 Pola miña parte, agarderei por sempre,

e louvareite máis e máis.

15 A miña boca proclamará a túa xustiza,

e a túa salvación todo o día.

Aínda que non saiba contalos.

16 Achegareime aos feitos poderosos do Señor Iahveh.

Mencionarei a túa xustiza, só da túa.

17 Ti Deus, aprendíchesme desde neno,

e manifestei as túas marabillas até agora.

18 Así ti tamén, até a vellez e os cabelos brancos,

non me desampares, ó Deus!,

ate que proclame o teu poder a esta xerazón,

e o teu poderío a todo o que ha de vir.

19 Tamén a túa xustiza, ó Deus,

chega até as alturas,

pois fixeches grandes cousas.

Quen coma ti, ó Deus?

20 Ti, que fixeches que ollara

moitas angurias e males,

volverás a darme vida,

e levantarasme novamente

dos abismos da terra.

21 Aumentarás a miña grandeza,

e volverás a consolarme.

22 Eu tamén te louvarei co salterio,

pola túa verdade, meu Deus,

cantarei salmos coa arpa, ó Santo de Israel!

23 Os meus labios alegraranse

ao entoar salmos a ti,

xunto coa miña alma que ti redimiches.

24 A miña lingua musitaba todo o día a túa xustiza,

porque foron avergoñados e confundidos

os que procuraban o meu mal.