calei, aínda do bo, e acrecentou a miña dor,
3 Ardía o meu corazón dentro de min,
o lume avivouse coa miña meditación;
entón falei coa miña lingua así:
4 Ó Iahveh, faime saber o meu final,e cual será a medida dos meus días,
para que eu mesmo saiba que fraxil son.
5 Velaí, como a palmos díchesme os meus días,
e a miña idade é como nada diante de ti.
Certamente é completa vaidade todo home que vive. ( Selah)
6 Si, como unha sombra anda o home,somente en vaidade se afana,
pois acumula riqueza, e non sabe quen as recollerá.
7 E agora Señor, que máis espero?
a miña esperanza está en ti.
8 Líbrame de todos os meus pecados,non me poñas para burla dos tolos.
9 Mudo quedei, non abro a boca,
porque ti obraches.
10 Tira de min o teu azoute,porque polo golpe da túa man estou sendo consumido.
11 Corrixes o home pola súa iniquidade con castigos,
consumes a súa fermosura como a couza,
certo é que todo home é vaidade. ( Selah)
12 Escoita a miña oración, ó Iahveh,e o teu oído atenda o meu clamor;
non gardes silencio ante as miñas bágoas,
porque cheguei a ser un ser estraño para ti,
un estranxeiro, como todos os meus pais.
13 Afasta de min a túa ira, para que tome alento,
antes que me vaia, e non exista máis.