1
Iahveh é a miña luz e a miña salvación;
de quen hei temer?
Iahveh é o refuxio da miña vida;
de quen hei ter medo?
2
Cando os malos se xuntaron contra min
para devorar a miña carne,
os meus adversarios e inimigos
tropezaron e caeron.
o meu corazón non ha temer;
aínda que se levante guerra contra min,
eu estarei confiado.
esconderame no seu refuxio,
agacharame no interior da súa tenda.
Sobre unha rocha porame en alto.
sobre os meus inimigos de arredor,
e na súa tenda ofrecerei sacrificios
con voz de xúbilo.
Entoarei, si, entoarei salmos a Iahveh.
Ten piedade de min e respóndeme!
Buscade o meu rostro!
O teu rostro buscarei, ó Iahveh.
nen rexeites o teu servo con ira.
Fuches a miña axuda,
non me deixes nen me desampares,
ó Deus da miña salvación.
Iahveh acollerame.
e guíame por camiño plano,
a causa dos meus inimigos.
porque levantáronse testemuñas falsas contra min,
e aqueles que respiran violencia.
na terra dos vivos.
Espera a Iahveh.
Si, espera a Iahveh!