e o firmamento mostra a obra das súas mans.
2 Día a día transmite a súa mensaxe,
e noite a noite dá a coñecer a sabedoría.
3 Non hai linguaxe nen idioma;
non se escoita a súa voz.
4 Pero por toda a terra saíu a súa voz,e até os confíns do mundo as súas palabras,
neles puxo tabernáculo para o sol,
5 e este, como esposo que sae do seu cuarto,
alégrase como atleta correndo a carreira.
6 Dun extremo dos ceos é a súa saída,
e a súa órbita até os extremos deles,
e nada queda agachado da súa calor.
7 A lei de Iahveh é perfecta,restaura a alma,
o testemuño de Iahveh é fiel,
fai sabio o simple.
8 Os mandamentos de Iahveh son rectos,
alegran o corazón;
o mandamento de Iahveh é puro,
alumea os ollos
9 O temor de Iahveh é limpo,permanece para sempre,
os xuízos de Iahveh son verdade,
todos xustos;
10 desexables máis que o ouro; si, máis que moito ouro fino,
e máis doces que o mel,
e as gotas que rezuman da colmea.
11 O teu servo é, ademais, advertido por eles,en gardalos hai grande recompensa.
12 Quen pode discernir os seus propios erros?
Absólveme dos que me son ocultos
13 Garda o teu servo dos pecados de arrogancia,que non gobernen sobre min.
Entón serei íntegro,
e quedarei absolto de grande transgresión.
14 Sexan aceptables diante túa os ditos da miña boca,
e a meditación do meu corazón,
ó Iahveh, miña Rocha e meu Redentor.