Salmo 16
Mictam (salmo de expiación) de David
1
Protéxeme ó Iahveh, pois refúxiome en ti.
2
Dixen a Iahveh: Ti es o meu Señor;
Nada bo teño fora de ti.
3
Dos santos que están na terra,
eles son nobres e neles está a miña delicia.
4
Multiplicáronse as aflicións daqueles que procuraron doutro deus,
Non derramarei eu ritos de sangue,
nen os meus labios pronunciarán os seus nomes.
5
Iahveh é a porción da miña herdanza e da miña copa,
ti sustentas a miña sorte.
6
As cordas caeron para min,
en lugares deleitosos,
e fermosa é a herdanza que me tocou
7
Abenzoarei a Iahveh que me aconsella,
de certo que o meu interior me instrúe.
8
A Iahveh puxen sempre por diante;
permarecerei firme porque está á miña destra
9
Por tanto, gózase o meu corazón e alégrase a miña alma,
a miña carne tamén morará segura,
10
pois ti non abandonarás a miña alma no Seol,
nen deixarás o teu Santo ver corrupción.
11
Ti mostrarasme o camiño da vida,
na túa presenza hai gozo dabondo;
á túa destra hai felicidade para sempre.