Salmo 86 Oración de David

1 Ó Iahveh, achega o teu ouvido e respóndeme!

porque estou aflixido e oprimido.

2 Garda a miña alma porque son piadoso,

meu Deus, salva ao teu servo que confía en ti.

3 Ó Señor, ten misericordia de min,

porque clamo a ti todo o día.

4 Ó Señor, alegra a alma do teu servo,

porque elevo a miña alma a ti.

5 Pois tí Señor, es bo e perdoador,

e grande en misericordia para con todos os que te invocan.

6 Ó Iahveh, ouve a miña oración,

e atende á voz dos meus rogos.

7 No día da angustia, clamarei a ti,

porque ti me responderás.

8 Non hai ninguén coma ti entre os deuses,

nen obras como as túas.

9 Ó Señor, todas as nacións que ficheches virán e postraranse diante de ti,

e louvarán o teu nome.

10 Porque ti es grande e fas marabillas;

Só ti es Deus!

11 Ensíname, ó Iahveh, o teu camiño;

camiñarei na túa verdade;

afirma o meu corazón ao temor do teu nome.

12 Ó Señor, meu Deus, louvareite con todo o meu corazón,

e glorificarei o teu nome para sempre!

13 Pois a túa misericordia foi grande para conmigo,

libraches a miña alma das profundidades do Seol.

14 Ó Deus! os arrogantes levantáronse contra min,

e unha turma de violentos buscan a miña vida,

e non te teñen respeito.

15 Pero ti, Señor, es un Deus compasivo e cheo de misericordia;

lento para a ira e grande en misericordia e verdade.

16 Olla para min, e ten misericordia de min,

dá ao teu servo poder,

e salvo ao fillo da túa serva.

17 Móstrame algún sinal do teu favor,

os que me odian verana, e serán avergoñados,

porque ti, ó Iahveh, axudáchesme e consoláchesme.