Salmo 71
1
Ó Iahveh! en ti puxen a miña confianza,
non sexa eu avergoñado xamais.
2
Líbrame na túa xustiza e faime fuxir!
Inclina a min o teu ouvido, e sálvame!
3
Se para min rocha de refuxio,
onde eu poida ir sempre.Ti diches o mandamento para me salvar,
porque Ti es a miña Rocha e a miña fortaleza.
4
Meu Deus, rescátame da man do malvado, da man do perverso e do violento,
5
Porque ti, ó Señor Iahveh, es a miña esperanza; a miña confianza dende a miña xuventude.
6
Por ti fun sustentado dende o ventre, ti es quen me sacou das entrañas da miña nai. Para ti será a miña louvanza por sempre.
7
Co tempo fun asombro de moitos, porque ti es o meu refuxio forte.
8
A miña boca está chea da túa louvanza,
e da túa gloria todo o día.
9
No tempo da vellez, no me rexeites,
nen me desampares cando se esgote o meu vigor.
10
Porque os meus inimigos falaron contra min
e os que andan á procura a miña alma conspiran xuntos,
11
dicindo: Deus desamparouno,
perseguídeo e prendédeo, pois non hai quen o libre!
12
Ó Deus, non te alonxes de min!
Meu Deus, socórreme a présa.
13
Sexan avergoñados e perezan
os inimigos da miña alma;
sexan cheos de vergoña e confusión os que procuran o meu mal.
14
Pola miña parte, agarderei por sempre, e louvareite máis e máis.
15
A miña boca proclamará a túa xustiza, e a túa salvación todo o día. Aínda que non saiba contalos.
16
Achegareime aos feitos poderosos do Señor Iahveh. Mencionarei a túa xustiza, só da túa.
17
Ti Deus, aprendíchesme desde neno,
e manifestei as túas marabillas até agora.
18
Así ti tamén, até a vellez e os cabelos brancos,
non me desampares, ó Deus!,
ate que proclame o teu poder a esta xerazón,
e o teu poderío a todo o que ha de vir.
19
Tamén a túa xustiza, ó Deus, chega até as alturas, pois fixeches grandes cousas. Quen coma ti, ó Deus?
20
Ti, que fixeches que ollara moitas angurias e males, volverás a darme vida, e levantarasme novamente dos abismos da terra.
21
Aumentarás a miña grandeza,
e volverás a consolarme.
22
Eu tamén te louvarei co salterio,
pola túa verdade, meu Deus,
cantarei salmos coa arpa, ó Santo de Israel!
23
Os meus labios alegraranse ao entoar salmos a ti, xunto coa miña alma que ti redimiches.
24
A miña lingua musitaba todo o día a túa xustiza, porque foron avergoñados e confundidos os que procuraban o meu mal.