Salmo 145 Salmo de louvanza. De David

1 Exaltareite, meu Deus, meu rei,

e abenzoarei o teu nome

eternamente e para sempre.

2 Abenzoareite cada día e louvarei o teu nome,

eternamente e para sempre.

3 Grande é Iahveh e digno de grande louvanza

e a súa grandeza é insondábel.

4 Xerazón a xerazón louvará as túas obras,

e anunciará as túas proezas.

5 Meditarei na fermosura da gloria da túa maxestade,

e nas túas obras marabillosas.

6 Falarán do poder dos teus feitos tremendos,

e eu declararei a túa grandeza.

7 Declararán a memoria da túa inmensa bondade,

e cantarán con gozo sobre a túa xustiza.

8 Iahveh é compasivo e misericordioso,

lento para a ira e grande en bondade.

9 Iahveh é bo para con todos,

e a súa misericordia está en todas as súas obras.

10 Ó Iahveh, louvarante todas as túas obras,

e os teus santos te abenzoarán.

11 Que anuncien a gloria do teu reino,

que conten as túas proezas.

12 Para facer saber aos homes as túas proezas,

e a gloria e a maxestade do teu reino.

13 O teu reino é un reino eterno, e o teu dominio de xerazón en xerazón. 14 Iahveh sustenta a todos os que están para caer,

e levanta a todos os que foron abatidos.

15 Os ollos de todos esperan en ti,

ti daslle a súa comida no seu tempo.

16 Abres a túa man,

e fartas o desexo de todo ser vivinte.

17 Iahveh é xusto en todos os seus camiños,

e misericordioso en todas as súas obras.

18 Iahveh está perto a todos os que o invocan,

de todos os que o invocan con sinceridade.

19 Cumprirá o desexo dos que o temen,

ouvirá tamén o clamor deles e salvaraos.

20 Iahveh garda a todos os que o aman,

pero ha destruir a todos os impíos.

A miña boca falará a louvanza de Iahveh,

21 Todo mortal abenzoe o seu nome,

eternamente e para sempre!