Salmo 118

1 Dade grazas a Iahveh, porque el é bo,

pois a súa misericordia é para sempre.

2 Diga agora Israel,

que a súa misericordia é para sempre.

3 Diga agora a casa de Aarón,

que a súa misericordia é para sempre.

4 Os que temen a Iahveh digan agora:

que a súa misericordia é para sempre.

5 Na miña angustia clamei a Iah,

e Iah respondeume e me libertou.

6 Iahveh está comigo, non hei temer.

Que me pode facer o home?

7 Iahveh está comigo entre os que me axudan,

por tanto, eu mirarei por riba dos que me odian.

8 É mellor confiar en Iahveh

que confiar no home.

9 É mellor confiar en Iahveh

que confiar en príncipes.

10 Rodeáronme todas as nacións;

e de certo que as hei destruir no nome de Iahveh.

11 Rodeáronme, si, cercáronme;

e de certo que as hei destruir no nome de Iahveh.

12 Rodeáronme como abellas,

e como fogo de silvas foron extinguidas;

de certo que as hei destruir no nome de Iahveh.

13 Empurráchesme violentamente para me derrubar,

pero Iahveh axudoume.

14 A miña forza e o meu cántico é Iah,

e el véu a ser a miña salvación.

15 Voz alegre e de salvación hai nas tendas dos xustos,

a destra de Iahveh fai fazañas;

16 a destra de Iahveh é exaltada,

a destra de Iahveh fai fazañas.

17 Non morrerei, mais vivirei,

e contarei as obras de Iah.

18 Iah castigoume con severidade,

porén non me entregou á morte.

19 Abrídeme as portas da xustiza,

entrarei por elas, louvarei a Iah;

20 Esta é a porta de Iahveh,

por ela entrarán os xustos.

21 Louvareite porque me ouviches,

e fuches a miña salvación.

22 A pedra que os construtores rexeitaron,

foi a pedra angular.

23 Esta é de parte de Iahveh,

e ao nosos ollos é fermosa.

24 Este é o día que Iahveh fixo,

nel nos alegraremos e nos regozixaremos!

25 Rogámosche ó Iahveh: Sálvanos agora!

rogámosche ó Iahveh: Fainos prosperar agora!

26 Bendito o que vén no nome de Iahveh!

Abenzoámosvos desde a casa de Iahveh!

27 El é Iahveh, e deunos luz,

atade ás víctimas da festa solemne aos cornos do altar!

28 Ti es o emu Deus e dareiche as grazas,

ti es o meu Deus e exaltareite.

29 Dade grazas a Iahveh porque el é bo, porque a súa misericordia é para sempre.