Salmo 116

1 Amo a Iahveh, pois ouviu a miña voz e as miñas súplicas,

2 porque inclinou a min o seu ouvido,

por tanto, invocareino en todos os meus días.

3 Rodeáronme os cordeis da morte,

atrapáronme os terrores do Seol,

angustia e dor atopei.

4 Entón invoquei o nome de Iahveh:

Ó Iahveh, salva a miña vida!

5 Iahveh é clemente e xusto;

si, o noso Deus é misericordioso.

6 Iahveh garda aos sinxelos,

estaba eu abatido e salvoume.

7 Volve, miña alma , ao repouso,

porque Iahveh encheute de favores.

8 Ti libraches a miña alma da morte,

os meus ollos das bágoas,

e os meus pés dos tropezos.

9 Andarei cara a faz de Iahveh,

na terra dos viventes.

10 Crín, por tanto, falei,

estando en grande modo aflixido.

11 E dixen na miña perturbación:

todo home é mentireiro.

12 Que pagarei a Iahveh,

por todos os seus bens para comigo?

13 Tomarei a copa da salvación,e invocarei o nome de Iahveh.

14 Cumprirei os meus votos a Iahveh,

si, en presenza de todo o seu pobo.

15 Aos ollos de Iahveh, a morte dos seus santos é fermosa. 16 Ó Iahveh, certamente eu son o teu servo,

son o teu servo, fillo da túa serva,

ti desataches as miñas ataduras.

17 Ofrecerei a ti, sacrificio de acción de grazas,

e invocarei o nome de Iahveh.

18 Cumprirei os meus votos a Iahveh,

si, en presenza de todo o seu pobo.

19 E nos atrios da casa de Iahveh,

no medio de ti, ó Xerusalém.

Aleluiah!