Salmo 107
1
Dade grazas ao Señor, porque El é bo;
porque para sempre é a súa misericordia.
2
Asi dirán os redimidos de Iaveh,
os que redimiu da man do adversario.
3
e os reuniu das terras, do oriente e do occidente,
do norte e do sur.
4
Vagaron polo deserto, por lugar desolado,
non atoparon camiño á cidade habitada;
5
famentos e sedentos, a súa alma esmorecía neles.
6
Entón clamaron ao SEÑOR na súa angustia,
e das súas aflicións El librounos;
7
e guiounos polo camiño recto,
para que fosen a unha cidade habitada.
8
Todos louven a Iahveh, pola súa misericordia e polas marabillas cos fillos dos homes.
9
Porque el saciou a alma sedenta, e encheu de bens a alma famenta.
10
Moradores de tebras e de sombra de morte, prisioneiros en miseria e encadeados,
11
porque foron rebeldes ás palabras de Deus e despreciaron o consello do Altísimo;
12
os seus corazóns humillou con traballos,
tropezaron e non houbo quen os erguese.
13
Entón clamaron ao SEÑOR na súa ansiedade
e El salvounos das súas aflicións;
14
sacounos da escuridade e das sombras de morte e quebrou as súas ataduras.
15
Todos louven a Iahveh, pola súa misericordia e polas marabillas cos fillos dos homes.
16
Porque El rompeu as portas de bronce e fixo anacos as barras de ferro.
17
Os insensatos foron aflixidos por mor dos seus camiños rebeldes, e polas súas iniquidades.
18
A súa alma aborreceu todo alimento, e achégaronse ata as portas da morte.
19
Entón na súa angustia clamaron ao SEÑOR e El salvounos das súas aflicións.
20
El mandou a súa palabra e sanounos e librounos da morte.
21
Todos louven a Iahveh, pola súa misericordia e polas marabillas cos fillos dos homes.
22
Ofrezan tamén sacrificios de gratitude e proclamen con cantos de xúbilo, as súas obras.
23
Os que viaxan polo mar en barcos e fan negocio sobre grandes augas,
24
viron as obras de Iahvev e as súas marabillas no profundo.
25
Pois El falou, e levantou un vento de tempestade que acrecentou as ondas do mar.
26
Subiron aos ceos, baixaron ás profundidades, as súas almas consumíanse polo mal.
27
Tremían e cambaleábanse coma bébedos, e esfumouse toda destreza .
28
Entón na súa angustia clamaron a Iahveh e El sacounos das súas aflicións.
29
Calmou a tempestade e as ondas do mar calaron.
30
Entón alegráronse porque as ondas do mar acougaron , e El guiounos ao porto desexado.
31
Todos louven a Iahveh, pola súa misericordia e polas marabillas cos fillos dos homes.
32
Exálteno tamén na congregación do pobo, e louvenno na reunión dos anciáns.
33
El transforma os ríos en desertos e as fontes de augas en sequeiros;
34
a terra frutuosa en terra estéril, pola maldade dos que moran nela.
35
Transforma o deserto en estanque de augas, e a terra seca en mananciais;
36
nela fai morar os famentos, para que cimenten unha cidade onde vivir,
37
e sementen os seus campos, planten viñas, e recollan unha colleita abundante.
38
Bendíceos tamén e multiplícaos moito, e o seu gando non diminúe .
39
Cando son diminuidos e abatidos pola opresión, a calamidade e a aflición,
40
verte desprezo sobre os príncipes, e os fai vagar por un deserto sen camiño.
41
Pero ao pobre levántao da miseria e pono seguro no alto, e multiplica as súas familias como un rebaño.
42
Os rectos veno e alégranse, pero toda iniquidade pecha a súa boca.
43
Quen é sabio? Que preste atención a estas cousas, e considere as bondades de Iahveh.