Salmo 104

1 Miña alma, bendice, a Iahveh.

Ó Iahveh, meu Deus, como te engrandeciches!

Vestícheste de gloria e maxestade,

2 es o que viste de luz como un cobertor,

que extende os ceos como unha cortina,

3 que pon vigas das súas moradas sobre as augas,

que pon as nubes por carruaxe,

que anda sobre as ás do vento;

4 que fai dos ventos os seus mensaxeiros,

e das chamas do lume, os seus ministros.

5 Puxo o fundamento da terra,

e xamais será abalada.

6 Cubríchela co abismo como cun vestido,

as augas estaban sobre os montes.

7 Fuxiron ante a túa reprensión,

caeron coa voz do trono.

8 Levantáronse os montes, e os vales afundiron,

ao lugar que ti estableciches para eles.

9 Puxecheslle un límite que non han traspasar,

para non volver cubrir a terra.

10 Ti es o que envía fontes polos vales,

que corren entre os montes;

11 dan de beber a todos os animais do campo,

matan a sede dos burros do monte.

12 As aves dos ceos moran nas beiras,

trinan entre as ramas.

13 El rega os montes desde o seus aposentos altos,

a terra está farta do froito das túas obras.

14 El fai que agrome a herba para o gando,

e a vexetación para o servizo do home,

para que el saque o pan da terra,

15 e o viño que alegra o corazón do home;

e o aceite, que fai brillar o seu rostro,

e o alimento, que sustenta o corazón do home.

16 As árbores de Iahveh énchese de savia,

os cedros do Líbano que el plantou,

17 alí aniñan as aves,

a cigoña, que ten a casa nos cipreses.

18 Os montes altos son para as cabras do monte;

e os penedos, madrigueiras para os coellos.

19 El fixo a lúa para as estacións,

e o sol, que coñece o seu solpor.

20 Ti traes a oscuridade e faise de noite,

e nela arrástranse todos os animais do bosque.

21 Os leonciños ruxen pola súa presa,

e buscan de Deus a comida.

22 Escóndense ao sair o sol,

e dormen nas súas covas.

23 O home sae para o seu traballo,

e a súa laboura até a tardiña.

24 Que innumerables son as túas obras, ó Iahveh!

Con sabedoría fixeches todas elas,

a terra está chea das túas posesións.

25 Velaí o grande e extenso mar,

onde hai innumerables criaturas,

o mesmo pequenos que grandes.

26 Alí navegan as naves,

alí ese Leviatán que fixeches para xogar nel.

27 Todos eles esperan en ti,

para que lles dés a comida a tempo.

28 Daslle e recollen;

abres a túa man e fártanse de ben.

29 Pertúrbanse cando escondes o teu rostro,

se lles tiras o respirar, deixan de ser,

e volven ao pó.

30 Se envías o teu Espírito, son creados,

e renovas a face da terra.

31 A gloria de Iahveh sexa para sempre!

Alégrese Iahveh nas súas obras!

32 El mira á terra,e ela treme,

toca os montes, e eles fumegan.

33 Na miña vida cantarei a Iahveh,

mentres eu viva, entoarei salmos a Iahveh.

34 A miña meditación sexa agradable a el ;

eu alegrareime en Iahveh.

35 Os pecadores sexan consumidos da terra, e os impíos, deixen de ser! Bendice miña alma a Iahveh! Louvade a Iah!