Salmo 102 Oración dun aflixido que desmaia, e en presenza de Iahveh, expón a súa queixa.

1 Ó Iahveh, escoita a miña oración!

e o meu clamor chegue a ti!

2 No día da miña angustia,

non escondas o teu rostro de min!

Inclina o teu ouvido a min!

O día no que te invoco, respóndeme pronto!

3 Porque os días esvaécense como fume,

e os meus ósos arden como leña seca.

4 O meu corazón ferido sécase como a herba,

e até esquezo comer o meu pan.

5 Pola intensidade dos meus xemidos,

a pel pégaseme aos ósos.

6 Son semellante á curuxa do deserto,

como moucho solitario cheguei a ser.

7 Estou desvelado, e síntome como paxaro soitario sobre un tellado.

8 Os meus inimigos afréntanme cada día,

os que me escarnecen, maldícenme.

9 Comín, pois, cinzas como pan,

misturei bágoas con bebida,

10 por causa da túa indignación e a túa ira;

porque ti levantáchesme en alto e rexeitáchesme.

11 Os meus días son como unha sombra que se alonga,

e voume secando como a herba.

12 Mais ti, ó Iahveh,

permaneces para sempre,

O teu nome pasa de xerazón en xerazón.

13 Ti levántastes e tes compaixón de Sión,

porque é o momento de ter misericordia dela,

porque chegou o tempo determinado.

14 Porque os teus servos aman a súas pedras,

e ollan con afecto até o mesmo pó.

15 Así, as nacións temerán o nome de Iahveh,

e a túa gloria, todos os reis da terra.

16 Porque Iahveh reedificará a Sión,

e aparecerá en gloria.

17 Volverá o rostro á oración dos desamparados,

pois non desprezará a súa pregaria.

18 esto escribirase para xerazóns futuras,

para que un pobo, aínda por crear, louve a Iah.

19 Que mirou desde o seu excelso santuario.

Desde os ceos Iahveh ollou a terra,

20 para ouvir o lamento do cautivo,

para libertar aos condeados a morte.

21 Para que anuncien en Sión o nome de Iahveh,

e a súa louvanza en Xerusalém,

22 cando os pobos e os reinos se congreguen xuntos,

para servir a Iahveh.

23 El agotou a miña forza no camiño,

acortou os meus días.

24 Digo: Meu Deus, non me arrebates na metade dos meus días!

Os teus anos son por todas as xerazóns.

25 Ti, desde o principio fundaches a terra,

e os ceos son obra das túas mans.

26 Eles, de certo perecerán, pero ti permaneces.

Todos eles desgástanse como unha vestidura,

removeralos como vestidura, e desaparecerán.

27 Pero ti es o mesmo,

e os teus anos non terán fin.

28 Os fillos dos teus servos permanecerán, e a súa semente será establecida diante de ti.