Salmo 100 Salmo de acción de grazas.

1 Cantade alegres a Iahveh, toda a terra!

2 Servide a Iahveh con alegría,

vinde á súa presenza con xúbilo.

3 Sabede que Iahveh é Deus el fíxonos e somos seus, somos o seu pobo e ovellas do seu pasto. 4 Entrade polas súas portas con acción de grazas, polos seus atrios con louvanza,

dádelle grazas e bendecide o seu nome.

5 Porque Iahveh é bo;

para sempre é a súa misericordia,

e a súa fidelidade por todas as xerazóns.