1
Pasado o día de repouso, María Magdalena, María, a nai de Xacobo, e Salomé, compraron especias aromáticas para ir a unxilo.
2
E moi cedo, o primeiro día da semana, chegaron ao sepulcro despois da allborada..
3
E ían falando entre elas: Quen nos removerá a pedra da entrada do sepulcro?
4
Cando ergueron a vista, viron que a pedra, fora removida, ainda que era moi grande.
5
E entrando no sepulcro, viron a un mozo sentado á beira dereita, vestido con roupa branca; e elas espantáronsee.
6
Pero el díxolles: Non vos asustedes; buscades a Xesús nazareno, o crucificado?. Non está aquí; resucitou, ollade o lugar onde o puxeron.
7
Pero ide, dicide aos seus discípulos e a Pedro: «El vai diante de vós a Galilea; alí o veredes, tal como vos dixo».
8
E saíndo elas, fuxiron do sepulcro, porque un gran tremor e espanto apoderouse delas; e non dixeron nada a ninguén do medo que tiñan..
9
Despois de resucitar, no abrente do primeiro día da semana, Xesús apareceuse en primeiro lugar a María Magdalena, da que botara fora sete demos.
10
E ela foi e comunicoullo aos que estiveran con El, que estaban a se lamentar e chorando.
11
Cando eles oíron que El estaba vivo e que ela o vira, non llo creron..
12
Despois disto, apareceuse en forma distinta a dous deles cando ían de camiño ao campo.
13
E estes foron e comunicáronllo aos demais, pero a eles tampouco lles creron.
14
Despois apareceuse aos once cando estaban sentados á mesa, botándolles en cara a súa incredulidade e dureza de corazón, porque non creran aos que o viran resucitado.
15
E díxolles: "Ide por todo o mundo anunciando as boas novas a todas as criaturas.
16
O que crea e sexa bautizado será salvo; pero o que non crea será condenado.
17
E estes sinais acompañarán aos que creron: no meu nome botarán fóra demos, falarán en novas linguas;
18
tomarán serpes nas mans, e aínda que beban algo mortífero, non lles fará dano; sobre os enfermos poñerán as mans, e poñeranse ben.
19
Entón, o Señor Xesús, despois de falar con eles, foi recibido no ceo e sentou á dereita de Deus.
20
E eles saíron a predicar por todas partes, colaborando o Señor con eles, e confirmando a palabra por medio dos sinais que os acompañaban..