1
Moi cedo a mañanciña, os sumos sacerdotes, despois de celebrar consello cos anciáns, os escribas e todo o Samedrín, amarraron a Xesús e levándoo, entregarono a Pilato.
2
Pilato preguntoulle: Es ti o rei dos xudeos? Él respondeulle: Ti o dis.
3
Os principais dos sacerdotes acusábano de moitas cousas.
4
De novo Pilato preguntoulle,: Non respondes nada? Mira de cantas cousas te acusan
5
Pero Xesús non respondeu nada máis; de modo que Pilato estaba asombrado.
6
Agora ben, na festa soltáballes un preso, calquera que eles pediran.
7
Un chamado Barrabás estaba preso cos sediciosos, os que tiñan cometido homicidio nunha revolta.
8
Cando subía a multitude, comenzaron a pedir que lles fixera como de costume.
9
Pilato respondeulles;: Queredes que vos solte o rei dos xudeos?
10
(Porque sabía que os principais dos sacerdotes llo entregaran por envexa)
11
Pero os sumos sacerdotes incitaron á multitude para que lles soltara a Barrabás.
12
E Pilato, tomando de novo a palabra, dicíalles: Que farei, entón, co que chama o Rei dos xudeus?
13
Eles respondéronlle a berros: Crucifícao!
14
Pilato replicou Por que? Que mal fixo? E eles berraban aínda máis: Crucifícao!
15
Pilato, querendo compracer á multitude, soltoulles a Barrabás; e despois de facer azoutar a Xesús, entregouno para que o crucificaran.
16
Entón os soldados levárono para dentro do pazo, é dicir, ao Pretorio, e convocaron a toda a cohorte romana.
17
Vestírono de púrpura, e despois de tecer unha coroa de espiñas, puxéronlla;
18
e comezaron a vitorealo: Salve, Rei dos xudeus!
19
dábanlle golpes na testa cunha canivela e cuspíano. e axoellándose facíanlle reverencias.
20
E despois de burlarse del, quitáronlle a púrpura, puxéronlle as súa roupa e sacárono para crucificarlo.
21
E obrigaron a un que pasaba por alí e que viña da leira, Simón de Cirene, o pai de Alejandro e Rufo, a que levase a cruz de Xesús.
22
Levárono ao lugar chamado Gólgota, que traducido significa: Lugar da Caveira.
23
E trataron de darlle viño mesturado con mirra, pero El non o quixo.
24
Cando o crucificaron, repartíronse os súa roupa, botando sortes para decidir o que se levaría cada un.
25
Eran as nove da mañá cando o crucificaron.
26
E a inscrición da acusación contra El dicía: "O rei dos xudeus."
27
Crucificaron con El a dous bandidos; un á súa dereita e outro á súa esquerda.
28
E cumpriuse a Escritura que di: "Foi contado cos transgresores".
29
E os que pasaban inxuriábano abaneando a cabeza e dicindo: Vaites! Ti que destrúes o templo e en tres días o reedificas,
30
sálvate a ti mesmo e baixa da cruz!
31
Do mesmo xeito, tamén os principais sacerdotes xunto con escribas, burlándose del entre eles, dicían: "A outros salvou, a si mesmo non se pode salvar.
32
Que este Cristo, o Rey de Israel, baixe agora da cruz, para que vexamos e creamos!" E os que estaban crucificados con El tamén o aldraxaban..
33
Cando chegou as doce do mediodía, houbo escuridade sobre toda a terra ata as tres da tarde.
34
E á esa hora Xesús berrou ben forte: "Eloi, Eloi, lema sabactani?", que traducido significa, "Meu Deus, meu Deus, por que me desamparaches?
35
Algúns dos que estaban alí, ao oílo, dicían: "Mirade,. está chamando por Elías!.
36
Entón un correu e empapou unha esponxa en vinagre, e poñéndoa nunha cana, deulle a beber, dicindo: Deixade, vexamos se vén Elias a baixalo.
37
E Xesús, dando un berro moi forte, expirou.
38
E o veo do templo rachou en dous, de arriba abaixo.
39
Vendo o centurión que estaba fronte a El, ao xeito en que expirou, dixo: "En verdade este home era Fillo de Deus."
40
Tamén había mulleres mirando de lonxe, entre as que estaban María Magdalena, María, a nai de Xacobo, e Salomé
41
41que lle seguían cando Xesús estaba en Galilea, e lle servían; e moitas outras que subiran con El a Xerusalén.
42
Xa á tardiña, como era o día da preparación, é dicir, a véspera do día de repouso,
43
veu Xosé de Arimatea, membro prominente do concilio, que tamén agardaba o reino de Deus; e enchéndose de valor, entrou onde estaba Pilato e pediulle o corpo de Xesús.
44
Pilato extrañouse de que xa morrera, e chamando ao centurión, preguntoulle se xa estaba morto.
45
E comprobando isto por medio do centurión, concedeulle o corpo a Xosé,
46
quen comprou un lenzo de liño, e baixándoo da cruz, envolveuno no lenzo de liño e púxoo nun sepulcro que fora escavado na rocha; e fixo rolar unha pedra á entrada do sepulcro.
47
E María Magdalena e María, a nai de Xosé, miraban para saber onde o poñía.