1
Díxenvos estas cousas para que non teñades tropezo.
2
Expulsaranvos da sinagoga; pero ven a hora cando calquera que vos mate pensará que así cumpre un servizo a Deus.
3
E farán estas cousas porque non coñeceron nen o meu Pai nen a min.
4
Pero díxenvos estas cousas para que cando chegue a hora vos lembredes de que xa vos falara delas. E non vos dixen estas cousas ao principio, porque eu estaba con vós.
5
Pero agora vou ao que me enviou, e ningún de vós me pregunta: Para onde vas?
6
Mais porque vos dixen estas cousas, a tristura encheu voso corazón.
7
Pero eu dígovos a verdade: convenvos que eu marche; porque se non me vou, o Consolador non virá a vós; pero se eu marcho, enviaréivolo
8
E cando El veña, convencerá ao mundo do pecado, da xustiza e do xuizo;
9
do pecado, porque non cren en min;
10
da xustiza, porque eu vou ao Pai e non me veredes máis;
11
e do xuizo, porque o príncipe deste mundo foi xulgado.
12
Teño moitas cousas máis que decirvos, pero agora non as podedes soportar.
13
Pero cando El, o Espírito de verdade, veña, guiaravos a toda a verdade, porque non falará pola súa propia conta senón que dirá só o que ouve; e revelaravos o que virá.
14
El glorificarame, porque tomará do meu e volo revelará.
15
Todo o que ten o Pai é meu; por iso dixen que El toma do meu e volo fará saber.
16
Un pouco máis, e xa non me veredes; e de novo un pouco, e verédesme.
17
Entón algúns dos seus discípulos decíansen uns a outros: Que é isto que nos di: " Un pouco máis, e xa non me veredes; e de novo un pouco, e verédesme" e " Porque eu vou ao Pai" ?
18
Por iso dicían: Que é isto que di: " Un pouco"? Non sabemos de que fala.
19
Xeús sabía que querían preguntarlle e díxolles: Estades discutindo entre vós sobre isto, porque dixen: Un pouco máis, e non me veredes, e de novo un pouco, e verédesme?.
20
En verdade, en verdade vos digo que choraredes e lamentarédesvos, pero o mundo alegrarase; estaredes tristes, pero a vosa tristeza converterase en ledicia.
21
Cando unha muller está no parto, ten abatemento, porque chegou súa hora; pero cando nace a crianza, xa non se lembra da anguria, pola ledicia de que unha crianza teña nacido no mundo.
22
Por tanto vós agora tamén tendes aflición; pero eu vereivos outra vez, e o voso corazón alegrarase, e ninguén vos tirará o gozo.
23
Naquel día non me preguntaredes nada: En verdade, en verdade vos digo: se pedides algo ao Pai, darávolo no meu nome.
24
Até agora nada pedistes no meu nome; pedide e receberedes, para que o voso gozo sexa pleno.
25
Estas cousas faleivos en linguaxe figurado; ven o tempo cando nos vos falarei en linguaxe figurado senón que vos falarei do Pai claramente.
26
Nese día pediredes no meu nome, e non vos digo que eu rogarei ao Pai por vós,
27
pois o Pai mismo ámavos, porque vós amástesme e crestes que eu saín do Pai.
28
Saín do Pai e viñen ao mundo; outra vez deixo o mundo e vou ao Pai.
29
Os seus discípulos dixéronlle: Velaí que agora falas claramente e non empregas linguaxe figurado.
30
Agora entendemos que ti sabes todas as cousas, e non precisas que ninguén che pregunte; por iso cremos que ti viñeches de Deus.
31
Xesús respondeulles: Agora credes?.
32
Ollade, a hora ven, e xa chegou, en que seredes dispersos, cada un polo seu lado, e deixarédesme só; e porén non estou só, porque o Pai está comigo.
33
Estas cousas faleivos para que teñades paz en min. No mundo teredes tribulación; pero confiade, eu vencín ao mundo.