1
Eu son a vide verdadeira e o meu Pai é o labrego.
2
Todo sarmento que non da froito en min, quítao; e todo o que da froito, pódao para que de máis froito.
3
Vós xa estades limpos pola palabra que vos din.
4
Permanecede en min, e eu en vós.Como o sarmento non pode dar froito por se mesmo se non permanece na vide, así vós tamén se non permanecedes en min.
5
Eu son a vide, vós os sarmentos; o que permanece en min e eu nel, ese da moito froito, porque separados de min nada podedes facer.
6
Se algún non permanece en min, bótase fora, como un sarmento e sécase; e recóllenos, bótanos no lume e quéimanse.
7
Se permanecedes en min e as miñas palabras permanecen en vós, pedide o que queirades e farásevos.
8
Nisto é glorificado o meu Pai, en que dedes moito froito, e así probedes que sodes os meus discípulos.
9
Como o Pai me amou, así tamén eu vos amei; permanecede no meu amor.
10
Se gardades os mandamentos, permanecedes no meu amor, así como eu gardeu os mandamentos do meu Pai e permanezo no seu amor.
11
Estas cousas faleivos, para que o meu gozo esté en vós, e o voso gozo sexa perfecto.
12
Este é o meu mandamento: que vos amedes uns aos outros, así como eu vos amei.
13
Niguén ten un amor amior que este: que un de a súa vida polos seus amigos.
14
Vós sodes os meus amigos se facedes o que eu vos mando.
15
Xa non vos chamo servos, porque o servo non sabe o que fai o seu señor; pero chameivos amigos, porque dinvos a coñecer todo o que ouvín do meu Pai.
16
Vós non me escollestes a min, senón que eu escollinvos, e chameivos para que vaiades e dedes froito, e para que o voso froito permaneza; para que todo o que pidades ao Pai no meu nome volo conceda.
17
Iso vos mando:: que vos amedes uns aos outros.
18
Se o mundo vos odia, sabedes que odioume antes ca vós.
19
Se forades do mundo, o mundo amaría o seu; pero como non sodes do mundo, senón que eu vos escollín de entre o mundo, por iso o mundo ódiavos
20
Lembrade a palabra que vos dixen: "Un servo non é maior ca seu señor". Se me perseguiron a min, tamén vos perseguirán a vós; se gardaron miña palabra, tamén gardarán a vosa.
21
Pero todo isto faranvos por causa do meu nome, porque non coñecen quen me enviou.
22
Se eu non houbera vido e non lles houbera falado, non terían pecado, pero agora non teñen escusa polo seu pecado.
23
O que me odia a min, odia tamén ao meu Pai.
24
Se eu non houbera feito entre eles as obras que ningún outro viu, non terían pecado; pero agora víronas, e odiáronme a min e tamén ao meu Pai.
25
Pero fixeron isto para que se cumpra a palabra que está escrita na súa lei: "Odiáronme sen causa".
26
Cando veña o Consolador, quen eu enviarei do Pai, é dicir, o Espírito de verdade que sai do Pai, El dará testemuña de min,
27
e vós tamén daredes testemuña, porque estivestes comigo dende o principio.