1
Na igrexa que habia en Antioquía había profetas e mestres: Bernabé, Simón chamado Nixer, Lucio de Cirene, Manaén, que se criara con Herodes o tetrarca, e Saulo.
2
Mentres ministraban ao Señor e facían xaxún, o Espírito Santo dixo: apartádeme a Bernabé e a Saulo para o labor ao que os chamei.
3
Entón, despois de facer xexún, orar e poñendo as mans sobre eles, enviáronos.
4
Eles, enviados polo Espírito Santo, baixaron a Seleucia e de alí embarcaron cara Chipre.
5
Chegados a Salamina, anunciaban a palabra de Deus nas sinagogas dos xudeos, e tiñan tamén a Xoan de axudante.
6
Recorrendo toda a illa ata Pafos, deron cun certo meigo, xudeo, un falso profeta, chamado Barxesús,
7
que estaba co procónsul Serxio Paulo, home intelixente. Este fixo vir a Bernabé e a Saulo, e desexaba oír a palabra de Deus.
8
Pero Elimas, o mago (pois así se traduce o seu nome), facíalles oposición, tentando desviar da fe ao procónsul.
9
Entón Saulo, chamado tamén Pablo, cheo do Espírito Santo, postos os ollos nel,
10
dixo: ti, fillo do demo, que estás cheo de todo engano e fraude, inimigo de toda xustiza, non deixarás de torcer os camiños dereitos do Señor?
11
Agora mira, a man do Señor está sobre ti, vas quedar cego e non verás o sol por algún tempo. De súpeto néboa e oscuridade caeron sobre el, e ía na procura de quen o levara da man.
12
Entón o procónsul, vendo o que sucedera, creu, marabillado da ensinanza do Señor.
13
Pablo e os seus compañeiros partiron de Pafos, e chegaron a Perxe de Panfilia; mais Xoan, afastándose deles, voltou a Xerusalem,
14
pero eles, saíndo de Perxe, chegaron a Antioquía de Pisidia, e no día de repouso entraron na sinagoga e sentaron.
15
Despois da lectura da lei e os profetas, os oficiais da sinagoga dixéronlles: Irmáns, se tendes algunha palabra de exhortación para o pobo, falade.
16
Pablo, púxose en pé, e acougando á xente coa man, dixo: Xentes de Israel, e vós que temedes a Deus, escoitade:
17
o Deus deste pobo Israel, escolleu aos nosos pais e engrandeceu ao pobo mentres estivo en Exipto, e con brazo en alto o sacou de alí.
18
E soportounos por corenta anos no deserto.
19
Despois de destruir sete nacións na terra de Canaán, repartiu as súas terras en herdanza; como por catrocentos cincuenta anos.
20
E despois disto, deulles xuíces ata o profeta Samuel.
21
Entón eles pediron un rei, e Deus deulles a Saúl, fillo de Cis, da tribo de Benxamín, durante corenta anos.
22
Despois de quitalo, levantoulles por rei a David, de quen Deus tamén deu testemuña e dixo: atopei a David, fillo de Isaí, un home conforme ao meu corazón, que fará toda a miña vontade.
23
Da súa descendencia, coforme á promesa, Deus deulle un Salvador a Israel, Xesús,
24
despois de que Xoan predicou, antes da súa vinda, un bautismo de arrepentimento a todo o pobo de Israel.
25
Cando Xoan estaba a piques de rematar a súa carreira, dicía: quen pensades que son eu? Eu non son o Cristo; pero velaquí ven tras de min un de quen non son digno de desatar as sandalias dos seus pés.
26
Irmáns, fillos da familia de Abraham, e os que de entre vós temedes a Deus, a nós foi enviada esta palabra de salvación.
27
Pois os que viven en Xerusalem e os seus gobernantes, sen recoñecelo a El nen as palabras dos profetas que se len todos os días de repouso, cumpriron estas escrituras, condenándoo.
28
E mesmo que non atoparon causa para darlle morte, pedíronlle a Pilato que o fixera matar.
29
E cumprido todo o que estaba escrito sobre El, baixárono da cruz, e puxérono no sepulcro.
30
Pero Deus levantouno de entre os mortos;
31
e por moitos días aparecéuselles aos que subiran con El de Galilea a Xerusalem, os que agora son testemuñas ante o pobo.
32
E nós, anunciámosvos a boa nova de que a promesa feita aos pais,
33
Deus cumpríunola a nós, seus fillos, ao resucitar Xesús, como tamén está escrito no salmo segundo: Ti es o meu Fillo; eu concebinte hoxe.
34
E que o levantou de entre os mortos para nunca máis volver a corrupción. Deus falou deste xeito: Dareivos as santas e fieis misericordias prometidas a David.
35
Polo tanto dí tamñen noutro salmo: non permitirás que o teu Santo vexa corrupción.
36
Porque David, despois de ter servido ao propósito de Deus na súa propia xeración, durmiu, e foi sepultado cos seus pais, e viu corrupción.
37
Pero aquel a quen Deus resucitou non viu corrupción.
38
Polo tanto, irmáns, sabede que por medio de El, vos é anunciado o perdón dos pecados;
39
e que de todas as cousas das que non puidestes ser xustificados pola lei de Moisés, por medio de El, todo o que cree é xustificado.
40
Procurade que non veña sobre vós aquilo do que se fala nos profetas:
41
mirade, os que menosprezastes, marabilládevos e desaparecede; porque eu fago unha obra nos vosos días, unha obra que si alguén vola contara non a creriades.
42
Saíndo Pablo e Bernabé, a xente pregáballes que o seguinte dia de repouso lles falaran estas cousas.
43
E disolta a reunión da sinagoga, moitos dos xudeos e dos prosélitos temerosos de Deus seguiron a Pablo e a Bernabé, quen, falándolles, persuadíanos de permanecer fieis á graza de Deus.
44
O seguinte dia de repouso reuniuse case toda a vila para oír a palabra do Señor.
45
Pero cando os xudeos viron a multitude de xente, enchéronse de envexa, e blasfemando, contradicían as palabras que Pablo dicía.
46
Entón Pablo e Bernabé falaron con afouteza e dixeron: Era preciso que a palabra de Deus vos fora predicada pimeiramente a vós, pero xa que a rexeitades o vos considerades indignos da vida eterna, velaquí que nós nos volvemos aos xentiles.
47
Porque así nolo mandou o Señor: Púxente como luz para os xentís, para que leves a salvación ata os confíns da terra.
48
Escoitando os xentís estas cousas, estaban cheos de alegría e glorificaban a palabra do Señor, e creron todos os que estaban destinados a vida eterna.
49
E a palabra do Señor corría por toda a rexión.
50
Pero os xudeos incitaron ás mulleres piadosas e distinguidas, e aos homes máis importantes da vila, e provocaron unha persecución en contra de Pablo e Bernabé, e botáronos da súa comarca.
51
Entón eles sacudiron o pó dos seus pés na súa contra, e marcharon a Iconio.
52
E os discípulos estaban continuamente cheos de gozo e do Espírito Santo.