1
Porque, agora ben, está de máis que vos escriba no tocante á axuda para o servizo dos santos;
2
pois sei da vosa disposición, da que me glorío por vosoutros diante dos macedonios; porque Acaia vén preparándose dende o ano pasado, e o voso exemplo animou á maioría deles.
3
Pero enviei aos irmáns para que o noso alarde de vós non sexa feito en van, a fin de que , como dicía, esteades preparados;
4
non sexa que vaian algúns macedonios comigo e vos atopen desprevidos, e sexamos nós (por non dicir vós) avergoñados por esta confianza.
5
Así que crin necesario exhortar aos irmáns a que se adiantaran en ir a vós, e prepararan de antemán a vosa xenerosa ofrenda, prometida hai tempo, para que a mesma estivera lista como bendición, e non por cobiza.
6
Pero digo isto: o que escasamente sementa, tamén colleitará escasamente; e o que sementa en abundacia, tamén colleitará abundantemente.
7
Que cada un dea como propuxo no seu corazón, non de mala gana nen por obriga, porque Deus ama ao que da con alegría.
8
E Deus pode facer que abunde toda graza para vosoutros, a fin de que, tendo sempre todo o suficiente en tódalas cousas, abundedes para toda boa obra;
9
como está escrito: "el repartiu, deu aos pobres; a súa xustiza permanece para sempre".
10
E o que lle suministra a semente ao sembrador e pan para o seu alimento, proverá e multiplicará a vosa sementeira e aumentará a colleita da vosa xustiza;
11
sendo enriquecidos en todo para toda xenerosidade, producindo en nós acción de grazas a Deus.
12
Porque o ministerio deste servizo, non só suple abondosamente as necesidades dos santos, senón que tamén sobreabunda en accións de grazas a Deus;
13
pois pola experiencia desta axuda, eles glorifican a Deus pola obediencia que profesades ao evanxeo de Cristo, e pola xenerosidade desta axuda para eles e para todos;
14
mentres eles orarán por vós con moito agarimo por mor da sobreabundante graza de Deus en vosoutros.
15
Grazas a Deus polo seu regalo indescriptible!