1
Pero nós, coma colaboradores, suplicámosvos que non recibades en van a graza de Deus;
2
pois El dí: oínte no tempo axeitado, e axudeite no día de salvación: mira, este é o tempo axeitado, velaquí a túa salvación,
3
non dando en nada ocasión de tropezo, para que o noso ministerio non sexa desacreditado,
4
senón que en todo nos recomendamos a nós mesmos como ministros de Deus, en moita paciencia, en aflicións, en necesidades, en angurias,
5
en azoutes, en cárceres, en disturbios, en traballos, en insomnios, en xaxúns,
6
en pureza, en coñecemento, en xenerosidade, en bondade, no espírito Santo, en amor sincero,
7
na palabra de verdade, no poder de Deus; por medio das armas da xustiza para atacar e defender;
8
en honra e en deshonra, en mala fama e en boa fama; coma enganadores, pero veraces;
9
coma descoñecidos, pero ben coñecidos; coma moribundos, pero cheos de vida; coma castigados, pero non sentenzados a morte;
10
coma entristecidos, mais sempre gozosos; coma pobres, pero enriquecendo a moitos; coma non tendo nada, mesmo téndoo todo.
11
Abriuse a nosa boca para vós con franqueza, corintios, e o noso corazón ensanchouse.
12
Non houbo estreitez no noso agrarimo por vós, pero si de vós cara nós.
13
Pero, dígovos, como a fillos, que tamén vós correspondades ensanchando os vosos corazóns.
14
Non esteades unidos en xugo desigual cos incrédulos, pois que compañeirismo hai entre a xustiza e iniquidade? Ou que teñen en común a luz e as tebras?
15
Ou en que concorda Cristo con Belial? Ou que ten en común un crente cun incrédulo?
16
Ou que acordo ten o templo de Deus cos ídolos? porque nós somos o templo do Deus vivo, como dixo Deus: "habitarei neles, e vivirei entre eles; e serei o seu Deus, e eles serán o meu pobo".
17
Polo tanto, saíde do medio deles e afastádevos, di o Señor; e non toquédelo inmundo, e eu recibireivos.
18
Eu sereivos a vós por pai, e vós seredes fillos e fillas para min, di o Señor Todopoderoso.