2 IaVHeH anoxouse moito contra os vosos pais.
3 Entón dilles, “Así di IaVHeH dos exércitos: Volvede a min- declara IaVHeH dos exércitos, e eu volverei a vos- di IaVHeH dos exércitos. 4 Non sexades como os vosos pais, aos que os antigos profetas proclamaron, dicindo: Así di IaVHeH dos exércitos; “Volvede agora dos vosos malos camiños e das vosas malas obras”. Pero non me escoitaron nin me fixeron caso” Declara IaVHeH. 5 “Os vosos pais, onde están?. E os profetas, viven para sempre?. 6 Pero as miñas palabras e os meus estatutos que ordenei aos meus servos os profetas non alcanzaron aos vosos pais? Entón arrepentíronse e dixeron: como IaVHeH o señor dos exércitos quería facer con nós conforme aos nosos camiños e conforme as nosas obras, así fixo con nós”. 7 O día vinte catro do mes undécimo, que é o mes de Sebat, o segundo ano de Darío, veu palabra de IaVHeH ao profeta Zacarías, fillo de Berequías, fillo de Iddo, dicindo: 8 Velaquí, pola noite vin un home que montaba nun cabalo vermello; estaba entre mirtos que había no precipicio, e detrás del cabalos vermellos, marróns e brancos. 9 Entón dixen: Quen son estes, meu señor? E o anxo que falaba comigo díxome. Ensinareiche quen son estes. 10 E o home que estaba entre os mirtos respondeu e díxome: Estes son os que IaVHeH enviou a percorrer a terra. 11 E eles responderon o anxo de IaVHeH que estaba entre os mirtos e dixeron: Percorremos a terra, e velaquí, toda a terra está en paz e tranquilidade. 12 Entón o anxo de IaVHeH respondeu e dixo: IaVHeH dos exércitos, ata cando seguirás sen compadecerte de Xerusalén e das cidades de Xudá; contra as que estiveches indignado estes setenta anos? 13 E IaVHeH respondeulle o anxo que falaba comigo con boas e consoladoras palabras. 14 E o anxo que falaba comigo díxome: Proclama, dicindo: “Así di IaVHeH dos exércitos: “Estou moi celoso por Xerusalén e por Sión 15 e con grande anoxo estou anoxado contra as nacións confiadas; porque cando eu estaba un pouco anoxado, elas contribuíron o mal”. 16 Por iso, así di IaVHeH: “Volverei a Xerusalén con compaixón; a miña casa será reconstruída nela” declara IaVHeH dos exércitos “e sobre Xerusalén tenderase o cordel”. 17 Volve proclamar, dicindo: “Así di IaVHeH dos exércitos: “Unha vez mais as miñas cidades abundarán de bens, outra vez IaVHeH consolará a Sión e volverá escoller a Xerusalén”. 18 Entón levantei os meus ollos e mirei, e velaquí catro cornos. 19 E díxenlle ao anxo que falaba comigo. Que son estes? E respondeume: Estes son os cornos que dispersaron Xudá, Israel e Xerusalén. 20 Entón IaVHeH mostroume catro artesáns. 21 E dixen: Que van facer estes? E él respondeu, dicindo: Eses son os cornos que dispersaron Xudá, para que naide levantase a cabeza; pero estes artesáns viñeron para acovardalos, para derribar os cornos das nacións que alzaron os seus cornos contra a terra de Xudá para dispersala.