Capítulo 2

1 Entón levantei os ollos e mirei, e velaquí, vin un home cun cordel de medir na man. 2 E díxenlle: Onde vas? E respondeume: A medir Xerusalén para ver canta é a súa largura e a súa longura. 3 Velaquí, cando o anxo que falaba comigo saía, atopouse con outro anxo 4 que lle dixo: Corre, fálalle a ese mozo e dille “Xerusalén será habitada sen muros, por mor da multitude de homes e de gando dentro dela. 5 E serei para ela- declara IaVHeH- unha muralla de lume ao arredor, e serei gloria no medio dela. 6 Ea, ea! Fuxide da terra do norte- declara IaVHeH- porque dispersareivos como os catro ventos do ceo declara IaVHeH. 7 Ea, Sión, ti que moras coa filla de Babilonia, escapa! 8 Pois así di IaVHeH dos exércitos, cuxa gloria me enviou contra as nacións que o despoxaron, porque o que vos toca, toca a niña do meu ollo. 9 Velaquí, alzarei a miña man contra elas, e serán despoxo para os seus escravos. Entón saberedes que IaVHeH dos exércitos me enviou. 10 Canta de xúbilo e alégrate, oh filla de Sión, porque velaquí, veño e habitarei no medio de ti- declara IaVHeH. 11 E moitas nacións uniranse a IaVHeH naquel día, e serán o meu pobo. Entón habitarei no medio de ti e saberás que IaVHeH dos exércitos me enviou a ti. 12 E IaVHeH posuirá Xudá, a súa porción na terra santa, e volverá escoller a Xerusalén. 13 Toda carne debe calar diante de IaVHeH, porque se levantou da súa morada santa.