Capítulo 31

1 As palabras do rei Lemuel, oráculo co que a súa nai correxiuno: 2 Que che hei dicir, meu fillo? Fillo das miñas entrañas? Que dicirche fillo dos meus votos? 3 Non deas a túa forza ás mulleres, nin o teu vigor ás que corrompen os reis. 4 Non é dos reis, Lemuel, non é dos reis beber viño, nin dos gobernantes desexar o licor; 5 non sexa que beban e esquezan o que se decretou, e pervirtan os dereitos dos aflixidos. 6 Dádelle a bebida forte ao que está desfalecendo, e o viño aos amargados de alma. 7 Que beban e esquezan a súa miseria, e non se lembren máis da súa aflición. 8 Abre a túa boca polos mudos, polos dereitos de todos os que son entregados á morte. 9 Abre a túa boca e xulga con xustiza, e defende o pobre e o necesitado. 10 A muller xeitosa, quen a atopará? O seu valor supera en moito as xoias. 11 Nela confía o corazón do seu marido, e non lle faltará ganancia. 12 Ela trae ben e non mal todolos días da súa vida. 13 Busca a lá e o liño, e con agrado traballa coas súas mans. 14 É coma a nave do mercador, que trae o seu alimento dende lonxe. 15 Tamén se ergue cando aínda é noite, e dá alimento aos da súa casa, e dá tarefa ás que traballan para ela. 16 Evalúa un campo e faise con el; e coas súas ganancias planta unha viña. 17 Cínguese de forza, e fortalece os seus brazos. 18 Ve que os seus negocios vaan ben, a súa lámpada non se apaga de noite. 19 Estende as súas mans á roca, e os seus dedos manexan o fuso. 20 Estende a súa man ao pobre, e achega as súas mans ao necesitado. 21 Non ten medo da neve polos da súa casa, porque a súa familia viste roupa dobre. 22 Tece mantos para si; a súa roupa é de liño fino e de púrpura. 23 O seu marido é respetado na porta, cando senta cos anciáns da terra. 24 Fai tecidos de liño e véndeos, e prové cintos aos comerciantes. 25 Fortaleza e dignidade son as súas vestiduras, e ri cara o futuro. 26 Abre a súa boca con sabedoría, e hai bondade e clemencia na súa lingua. 27 Vixía a marcha da súa casa, e non come o pan de balde. 28 Os seus fillos medran e chámana feliz, tamén o seu marido, e lóuvaa dicindo: 29 Moitas mulleres fan o ben, pero ti superas a todas elas. 30 A graza é enganosa e a beleza desaparece, mais a muller que teme a Iahveh, esa será louvada. 31 Dádelle o froito das súas mans, e que as súas obras a louven na porta!