Capítulo 3

1 Velaquí, Eu mando o meu mensaxeiro, e el disporá o camiño diante de min. E virá de súpeto ao seu templo o Señor a quen vós buscades; o Anxo do pacto en quen vos compracedes, velaquí vén -di Iahveh dos exércitos. 2 Pero quen será quén de soportar o día da súa vinda? Quen será quén de manterse en pé cando apareza? Porque El é coma lume de fundidor e coma xabón de lavandeiros. 3 E El sentarase para refinar e purificar a prata, e purificará os fillos de Leví e acrisolaraos coma ao ouro e a prata, para que poidan presentar a Iahveh ofrendas en xustiza. 4 Entón serán gratas a Iahveh as ofrenda de Xudá e de Xerusalem, tal que nos días de antano e coma nos anos pasados. 5 E acercareime a vosoutros para o xuízo, e serei una testemuña directa contra dos feiticeiros, e contra dos adúlteros, contra dos que xuran en falso e contra dos que defraudan o salario do xornaleiro da viúva e máis do orfo, e contra dos que negan o dereito do estranxeiro porque non me temen -di Iahveh dos exércitos. 6 Porque Eu, Iahveh, non mudo; por eso vós, fillos de Xacob, non tedes sido consumidos. 7 Dende os días dos vosos pais tédesvos afastado dos meus estatutos e non os tedes gardado. Volvédevos a min e Eu volvereime a vós! -di Iahveh dos exércitos. Pero dicides: En que temos que volvernos?” 8 Roubará o home a Deus? Pois vós estádesme roubando. Pero dicides: En que che temos roubado?” Nos décimos e nas ofrendas! 9 Con maldición estádesme maldicindo, porque vós, a nación enteira, estádesme roubando! 10 Traede todo o décimo ao celeiro, para que haxa alimento na miña casa; e poñédeme a proba nisto -di Iahveh dos exércitos- se non vos abrirei as xanelas do ceo, e verterei para vós bendición ata que sexa sobreabondosa. 11 Por vos reprenderei ao moufante, para que non vos destrúa os froitos da terra, nin vos faga estéril a vosa vide no campo -di Iahveh dos exércitos. 12 E tódalas nacións chamaranvos benaventurados, porque seredes unha terra de delicias, di Iahveh dos exércitos. 13 As vosas palabras contra de min teñen sido duras -di Iahveh -. Pero dicides: “Que temos falado contra de ti?” 14 Dixestes: Non ten sentido servir a Deus. Que proveito hai en que gardemos as súas ordenanzas e que andemos aflixidos diante de Iahveh dos exércitos?” 15 É por iso que arestora felicitamos os soberbios, e dicimos que os que fan maldade prosperan, e que os que están a provocar a Deus quedan impunes. 16 Mais os que temían a Iahveh falaronse os uns os outros, e Iahveh escoitou e atendeu. E escribiuse diante del un libro como memorial a favor dos que temen a Iahveh e dos que honran o seu nome. 17 No día que Eu preparo, di Iahveh dos exércitos, serán para min un tesouro especial, e perdoareinos coma un pai perdoa o fillo que lle serve. 18 Entón volveredes a distinguir entre o xusto e o impío, entre o que serve a Deus e o que non o serve.