1 ”Esta é a lei da ofrenda pola culpa; é cousa santísima. 2 No lugar onde degoledes o holocausto degolaredes a ofrenda pola culpa, e o sacerdote salpicará o seu sangue encol o altar por tódalas súas bandas. 3 Logo ofrecerá dela toda a graxa: a cola gorda, a graxa que cubre as entrañas, 4 os dous riles coa graxa que hai sobre eles e sobre os lombos, e tirará o lóbulo do fígado cos riles. 5 E o sacerdote queimaraos encol o altar coma ofrenda acesa para Iahveh. É unha ofrenda pola culpa. 6 Todo varón de entre os sacerdotes pode comer dela. Comerase nun lugar santo; é cousa santísima. 7 ”A ofrenda pola culpa é coma a ofrenda polo pecado, hai unha mesma lei para as dúas; pertenceralle ao sacerdote que fai expiación con ela. 8 Tamén ao sacerdote que presente o holocausto de alguén, a pel do holocausto que presentase será ara el. 9 Do mesmo xeito, toda ofrenda de cereal que sexa cocida ao forno, e todo o que sexa preparado en cazola ou en tixola, pertencerá ao sacerdote que a presente. 10 E toda ofrenda de cereal mesturada con aceite, ou seca, pertencerá a tódolos fillos de Aarón, a todos por igual. 11 ”Esta é a lei do sacrificio da ofrenda de paz que será ofrecido a Iahveh: 12 Se o ofrece en acción de grazas, entón, xunto co sacrificio de acción de grazas, ofrecerá tortas sen formento amasadas con aceite, follados sen formento untados con aceite, e tortas de fariña fina ben mesturada, amasadas con aceite. 13 Co sacrificio das súas ofrendas de paz en acción de grazas, presentará a súa ofrenda con tortas de pan levedado. 14 E diso presentará unha parte de cada ofrenda coma contribución a Iahveh; será para o sacerdote que salpica o sangue das ofrendas de paz. 15 ”En canto á carne do sacrificio das súas ofrendas de paz en acción de grazas, comerase o día que a ofreza; non deixará ren ata a mañá seguinte. 16 Pero si o sacrificio da súa ofrenda é por un voto ou unha ofrenda voluntaria, comerase no día que ofreza o sacrificio; e ao día seguinte poderase comer o que quede; 17 pero o que quede da carne do sacrificio será queimado no lume ao terceiro día. 18 De xeito que se se come da carne do sacrificio das súas ofrendas de paz no terceiro día, o que a ofreza non será acepto, sen se lle terá en conta. Será cousa ofensiva, e a persoa que coma dela levará a súa propia iniquidade. 19 ”A carne que toque calquera cousa inmunda non se comerá; queimarase no lume. En canto a outra carne, calquera que estea limpo pode comer dela. 20 Pero a persoa que coma a carne do sacrificio das ofrendas de paz que pertencen a Iahveh, estando inmunda, esa persoa será exterminada de entre o seu pobo. 21 E cando alguén toque algunha cousa inmunda, xa sexa inmundicia humana ou un animal inmundo, ou calquera cousa abominable e inmunda e coma da carne do sacrificio da ofrenda de paz que pertenece a Iahveh, esa persoa será exterminada de entre o seu pobo”». 22 Despois Iahveh faloulle a Moisés: 23 «Dilles aos israelitas: “Non comeredes ningunha graxa de boi, nin de año, nin de cabra. 24 A graxa dun animal morto e a graxa dun animal despezado polas feras poderá servir para calquera uso, pero certamente non debedes comela. 25 Porque calquera que coma a graxa do animal do cal se ofrece unha ofrenda acesa a Iahveh, a persoa que coma será exterminada de entre o seu pobo. 26 E vós non comeredes sangue, nin de ave nin de animal, en ningún lugar no que moredes. 27 Toda persoa que coma calquera clase de sangue, esa persoa será exterminada de entre o seu pobo”». 28 Entón Iahveh faloulle a Moisés: 29 «Dill aos israelitas: “O que ofreza o sacrificio das súas ofrendas de paz a Iahveh, traerá a súa ofrenda do sacrificio das súas ofrendas de paz a Iahveh. 30 As súas propias mans traerán ofrendas acesas a Iahveh. Traerá a graxa co peito, para que o peito sexa presentado coma ofrenda abaneada diante de Iahveh. 31 O sacerdote queimará o sebo sobre o altar; pero o peito pertencerá a Aarón e a seus fillos. 32 E vós daredes ao sacerdote a perna dereita coma contribución dos sacrificios das vosas ofrendas de paz. 33 Aquel que de entre os fillos de Aarón ofreza o sangue das ofrendas de paz e a graxa, recibirá a perna dereita coma a súa porción. 34 Pois Eu tomei dos israelitas, dos sacrificios das súas ofrendas de paz, o peito da ofrenda abaneada e a perna da contribución, e dinos ao sacerdote Aarón e a seus fillos, coma porción para sempre de parte dos israelitas. 35 ”Esta é a porción consagrada a Aarón e a porción consagrada a seus fillos das ofrendas acesas para Iahveh, dende o día no que Moisés os presentou para serviren coma sacerdotes a Iahveh. 36 Iahveh ordenara que se lles dera esa porción de parte dos israelitas o día no que El os unxiu. É a porción deles para sempre, por tódalas súas xeracións”». 37 Esta é a lei do holocausto, da ofrenda de cereal, da ofrenda polo pecado, da ofrenda pola culpa, da ofrenda de consagración e do sacrificio das ofrendas de paz. 38 Iahveh ordenouna a Moisés no monte Sinaí, o día no que El mandou aos israelitas que presentasen as súas ofrendas a Iahveh no deserto de Sinaí.