1 Entón Iahveh díxolle a Moisés: 2 «Cando alguén peque y cometa unha falta contra Iahveh, enganando ao seu próximo en canto a un depósito ou algunha cousa que se lle confiou, ou por roubo, ou por extorsionar ao seu próximo. 3 ou topou o que estaba perdido e mentiu sobre iso, e xurou falsamente, de xeito que peca en calquera das cousas que adoita facer o home, 4 será, entón, que cando peque e sexa culpable, devolverá o que tomou ao roubar, ou o que obtivo ao roubar, ou o que obtivo mediante extorsión, ou o depósito que lle foi confiado, ou a cousa perdida que topou, 5 ou calquera cousa sobre da cal xurou falsamente; fará completa restitución diso e engadiralle unha quinta parte máis. Daráselle ao que lle pertence o día que presente a súa ofrenda pola culpa. 6 Entón traerá ao sacerdote a súa ofrenda pola culpa para Iahveh, un carneiro sen defecto do rabaño, conforme a tu valoración coma ofrenda pola culpa, 7 e o sacerdote fará expiación por el diante de Iahveh, e seralle perdoada calquera cousa que fixese pola cal sexa culpable». 8 Entón Iahveh díxolle a Moisés: 9 «Ordena a Aarón e a seus fillos, e dilles: “Esta é a lei do holocausto: o holocausto mesmo permanecerá sobre o lume, encol o altar, toda a noite ata a mañá, e o lume do altar hase manter aceso nel. 10 O sacerdote vestirá a súa túnica de liño e porase cirolas de liño fino sobre o seu corpo. Collerá as cinzas a que o lume reduciu o holocausto encol do altar e poraas xunto ao altar. 11 Despois tirará as súas vestiduras, porase outras vestiduras e levará as cinzas fora do campamento a un lugar limpo. 12 O lume do altar manterase aceso encol do altar; non se apagará, senón que o sacerdote queimará leña nel tódalas mañás, e porá encol el o holocausto, e queimará sobre el a graxa das ofrendas de paz. 13 O lume manterase aceso continuamente no altar; non se apagará. 14 ”Esta é a lei da ofrenda de cereal: os fillos de Aarón presentarana diante de Iahveh fronte o altar. 15 Entón un dos sacerdotes collerá dela unha manchea de fariña fina da ofrenda de cereal, co seu aceite e todo o incenso que hai na ofrenda de cereal, e queimaraa encol do altar. É un recendo grato, a súa ofrenda memorial para Iahveh. 16 E o que fique dela, Aarón e seus fillos comerano. Débese comer coma tortas sen formento en lugar santo; comerano no adro da tenda de reunión. 17 Non se cocerá con formento. Dinlla coma parte das miñas ofrendas acesas; é cousa santísima, o mesmo que a ofrenda polo pecado e a ofrenda pola culpa. 18 Todo varón entre os fillos de Aarón pode cómela; é unha ordenanza perpetua por tódalas vosas xeracións relativo ás ofrendas acesas para Iahveh. Todo o que as toque ficará consagrado”». 19 E Iahveh díxolle a Moisés: 20 «Esta é a ofrenda que Aarón e seus fillos ofrecerán a Iahveh o día da súa unción: a décima parte dun efa (2,2 litros) de fariña fina coma ofrenda perpetua de cereal, a metade pola mañá e a metade pola tarde. 21 Prepararase con aceite nunha tixola, e cando estea ben mesturado traerala. Ofrecerás a ofrenda de cereal en anacos cocidos ao forno como cheiro grato para Iahveh. 22 A ofrecerá o sacerdote, que de entre os fillos de Aarón sexa unxido no seu lugar. Por ordenanza perpetua será totalmente queimada para Iahveh. 23 Así que toda ofrenda de cereal do sacerdote será totalmente queimada. Non se comerá». 24 Entón Iahveh faloulle a Moisés: 25 «Dille a Aarón e a seus fillos: “Esta é a lei da ofrenda polo pecado: a ofrenda polo pecado será ofrecida diante de Iahveh no mesmo lugar onde se ofrece o holocausto; é cousa santísima. 26 Comeraa o sacerdote que a ofreza polo pecado. Comerase nun lugar santo, no adro da tenda de reunión. 27 Todo o que toque a súa carne ficará consagrado; e se o sangue salpica sobre unha vestidura, lavarás nun lugar santo o que foi salpicado. 28 E a vasilla de barro na cal foi férvida, romperase: e se se ferveu nunha vasilla de bronce, restregarase e lavarase con auga. 29 Todo varón de entre os sacerdotes pode comer dela; é cousa santísima. 30 Pero non se comerá de ningunha ofrenda polo pecado, cuxo sangue se trouxese á tenda de reunión para facer expiación no lugar santo; no lume será queimada.