Capítulo 18

1 Falou Iahveh a Moisés, dicindo: 2 "Fálalle aos fillos de Israel e dilles: Eu son Iahveh o voso Deus. 3 Non faredes as cousas que fan na terra de Exipto, na que habitástedes, nin faredes as cousas que fan na terra de Canaán, á que eu vos levo. Non andaredes conforme ás súas leis. 4 Os meus mandamentos faredes, e as miñas leis gardaredes, camiñando nelas. Eu Iahevh o voso Deus. 5 Polo tanto, gardaredes as miñas leis e os meus mandamentos. A persoa que así faga vivirá por causa deles. Eu Iahveh. 6 Ningún varón se achegará a parentes próximas para descubrir súa nudez. Eu Iahveh. 7 A nudez do teu pai, ou a nudez da túa nai, non descubrirás. Ela é a túa nai! Non descubrirás a súa nudez. 8 A nudez da muller do teu pai non descubrirás, pois é a nudez do teu pai. 9 A nudez da túa irmá, xa sexa filla do teu pai ou filla da túa nai, ou xa sexa nada na casa ou nada fóra, a súa nudez non descubrirás. 10 A nudez da filla do teu fillo, ou da filla da túa filla, a súa nudez non descubrirás, pois é como a túa propia nudez. 11 A nudez da filla da muller do teu pai, enxendrada de teu pai, e que polo tanto é a túa irmá, a súa nudez non descubrirás. 12 A nudez da irmá do teu pai non descubrirás, pois ela é parenta do teu pai. 13 A nudez da irmá da túa nai non descubrirás, pois ela é parenta da túa nai. 14 A nudez do irmán do teu pai non descubrirás, e nn the achegarás á súa muller, pois é a muller do irmán do teu pai. 15 A nudez da túa nora non descubrirás. É a muller do teu fillo, non descubirás a súa nudez. 16 A nudez da muller do teu irmán non descubrirás, pois é a nudez do teu irmán. 17 A nudez dunha muller e da filla desta non descubrirás. Non tomarás á filla do seu fillo, nin tampouco á filla da sía filla, para descubrir a súa nudez. Son parentes. Isto é maldade. 18 Non tomarás xuntamente a unha muller e a súa propia irmá, para facelas rivais entre si, descubrindo a nudez dunha diante da outra durante a súa vida. 19 Non te achegarás a unha muller para descubrir a súa nudez mentres ela esté no seu periodo menstrual. 20 Non terás acto carnal coa muller do teu próximo, para que non te profanes a ti mesmo con ela desta maneira. 21 Non darás dos teus fillos para ofrecelos ao lume de Moloc. Non contamines así o nome do teu Deus. Eu Iahveh. 22 Non te acostarás con varón como con muller. Isto é abominación. 23 Non terás relacións sexuais con animais, profanándote a ti mesmo deste xeito, nin ningunha muller terá relacións sexuai con animais. Isto é perversión. 24 En ningunha destas cousas vos profanaredes a vós mesmos, pois en todas estas cousas contamináronse as nacións que eu boto fóra diante de vós. 25 Por estas cousas a terra foi contaminada, e eu castiguei a maldade deles sobre a terra, e a terrá vomitou aos seus moradores. 26 Así pois, gardade vós as miñas leis e os meus mandamentos, e non fagades ningunha destas abominacións, nin o natural nin o estranxeiro que entre vós mora. 27 Porque todas estas abominacións fixeron os homes daquela terra que foron antes ca vós, e a terra foi contaminada. 28 Así que tede coidado de que a terra non vos vomite por tela contaminado, así como vomitou á nación que a habitou antes ca vós. 29 Todo o que faga calquera destas cousas abominables será cortado de entre o seu pobo. 30 Polo tanto, gardade a miña lei. Non fagades os costumes abominables que practicaron antes ca vós, e non vos contaminedes neles. Eu Iahveh o voso Deus.