Capítulo 17

1 O Señor faloulle a Moisés, dicindo: 2 "Fálalle a Aarón e aos seus fillos, e a todo o pobo de Israel. Dilles que o Señor ordeou isto: 3 calquera home de Israel que mate un boi, un año ou unha cabra no campamento ou fóra del, para sacrificalo, 4 e non o traia á porta do tabernáculo de reunión para ofrecerlle ofrende a Iahveh diante do tabernáculo de Iahveh, ese home será culpado de sangue. Sangue derramou, e será cortado de entre o seu pobo." 5 O propósito deste mandato é que os fillos de Israel traian os seus sacrificios que fan no medio do campo. Traerán os seus sacrificios a Iahveh á porta do tabernáculo de reunión, ao sacerdote, e sacrificarán sacrificios de paz a Iahveh. 6 E o sacerdote espallará o sangue sobre o altar de Iahveh á porta do tabernáculo de reunión, e queimará o unto para aroma grato a Iahveh. 7 E nunca máis sacrificarán os seus sacrificios aos demos, tras dos cales fornicaron. Isto terán por estatuto perpetuo a través das súas xeracións. 8 Diraslles tamén: "calquera home da casa de Israel, ou dos estranxeiros que moran entre vós, que ofreza holocausto ou sacrificio, 9 e non o traia á porta do tabernáculo de reunión para ofrecerllo a Iahveh, ese home tamén será cortado do seu pobo. 10 E se calquera home da casa de Israel, ou dos estranxeiros que viven entre eles, come sangue, eu porei o meu rostro en contra da persoa que coma sangue, e cortareina de entre o seu pobo. 11 Porque a vida da carne está no sangue, e eu déivola para fecer expiación sobre o altar polas vosas almas, pois o sangue fai expiación da persoa para vida. 12 Polo tanto, eu dígolle aos fillos de Israel que ninguén entre vós comerá sangue, nin ninguén dos estranxeiros que moran estre vós comerá sangue. 13 E calquera home dos fillos de Israel, ou dos estranxeiros que moran entre eles, que cace animal ou ave que sexa de comer, derramará e cubrirá con terra o seu sangue. 14 Proque a vida de toda carne é o seu sangue. Por iso díxenlle aos fillos de Israel: non comeredes o sangue de ningunha carne, porque a vida de toda carne é o seu sangue, calquera que a coma será cortado. 15 E calquera persoa, tanto de entre os naturáis coma de entre os estranxeiros, que coma un animal moribundo ou un animal despedazado polas feras, esa persona lavará as súas roupas e lavarase a si mesma con auga, e será inmunda até a noite. Entón esa persoa será limpa. 16 Máis se non as lavase, nin se lavase a si mesma, esa persoa cargará coa súa culpa."