Capítulo 8

1 Entón Iahveh dixo a Xosué: "Non temas nin te acovardes: Colle contigo todo o pobo de guerra e levántate, sube a Hai; mira, entreguei nas túas mans ao rei de Hai, o seu pobo, a súa cidade e a súa terra. 2 Farás con Hai e co seu rei o mesmo que fixeches con Xericó e co seu rei; só colleredes para vós, como botín, os despoxos e o gando. Prepara unha emboscada á cidade polas costas". 3 E Xosué ergueuse con todo o pobo de guerra para subir a Hai. Xosué escolleu trinta mil homes, valentes guerreiros, enviounos de noite, 4 e deulles ordes , dicindo: "Mirade, ides poñer emboscada á cidade por detrás dela. Non vos afastedes moito da cidade, senón estade á espreita". 5 Eu, e mais todo o pobo que me acompaña achegarémonos á cidade. E sucederá que cando eles saian ao noso encontro como a primeira vez, nós fuxiremos diante deles, 6 e eles sairán tras de nós ata que os teñamos afastado da cidade, porque dirán: "Foxen diante de nós coma a primeira vez" . Fuxiremos, pois, ante deles. 7 Vós sairedes da emboscada e vos apoderaredes da cidade, porque Iahveh, o voso Deus, púxovola nas vosas mans 8 E cando ocupedes a cidade, prenderédeslle lume. Farédelo segundo a palabra de Iahveh. Mirade que eu volo mandei. 9 Xosué enviounos e foron ao lugar da emboscada e quedaron entre Betel e Hai, ao oeste de Hai; pero Xosué pasou a noite entre o pobo 10 E ergueuse Xosué moi cedo, pasou revista ao pobo, e subiu cos anciáns de Israel fronte ao pobo de Hai. 11 Entón todos os homes de guerra que estaban con el subiron e avanzaron ata chegaren fronte a cidade, e acamparon ao norte de Hai. E había un val entre eles e Hai. 12 Xosué colleu uns cinco mil homes e colocounos en emboscada entre Betel e Hai, ao oeste da cidade. 13 E dividiron ao pobo entre todo o exército que estaba ao norte da cidade e a retagarda que estaba ao oeste da cidade. E Xosué pasou aquela noite no val. 14 E aconteceu que ao ver isto o rei de Hai, os homes da cidade biliron axiña e erguéronse cedo e saíron para enfrontarse a Israel en batalla, o rei e todo o seu pobo, no lugar sinalado fronte á chaira do deserto; sen se decataren de que había unha emboscada contra el por detrás da cidade. 15 E Xosué e mais todo Israel finxiron ser vencidos diante deles, e fuxiron polo camiño do deserto. 16 E todo o pobo que estaba na cidade foi chamado para perseguilos, e perseguiron a Xosué, e afastáronse da cidade. 17 Non quedou home en Hai ou Betel que non saíse detrás de Israel, e deixaron a cidade sen protección para perseguir a Israel. 18 Entón Iahveh dixo a Xosué:na túa man. "Brande a lanza que levas na man contra Ai, pois voucha entregar na túa man". E Xosué estendeu a xavelina que estaba na súa man cara á cidade. 19 E cando el estendeu a súa man,, os que estaban emboscados erguéronse axiña do seu lugar, correron e entraron na cidade e apoderáronse dela, e de contado prenderon lume á cidade. 20 Cando os homes de Hai ollaron para atrás, viron o fume da cidade que subía cara ao ceo, e non tiñan lugar onde fuxir, nin por un lado nin polo outro, porque o pobo que fuxía cara ao deserto volveuse contra os seus perseguidores. 21 Ao se decataren Xosué e todo Israel de que os da emboscada tomaran a cidade e que subía fume dela , volveron e mataron aos homes de Hai. 22 E os outros saíron da cidade ao seu encontro así que os de Hai quedaron no medio de Israel, uns por unha banda e outros pola outra; e matáronos ata non deixaren un sobrevivente nin fuxitivo. 23 Pero colleron vivo ao rei de Hai e trouxérono a Xosué. 24 E sucedeu que cando Israel terminou de matar a todos os habitantes de Hai no campo e no deserto, onde eles os perseguiran e todos caeran a gume da espada ata seren exterminados, todo Israel volveu a Hai e pasárona polo a gume da espada. 25 E todos os que caeron aquel día, tanto homes como mulleres, foron doce mil; todo o pobo de Hai. 26 Xosué non retirou a súa man coa que brandira a xavelina ata que destruíu por completo a todos os habitantes de Hai. 27 Só o gando e os despoxos daquela cidade colleu Israel como botín, conforme á palabra que Iahveh ordenara a Xosué. 28 E queimou Xosué a Hai e fixo dela un monte asolado ata o de hoxe 29 E colgou ao rei de Hai nunha árbore ata o serán; e so solpor Xosué mandou que baixasen o seu cadáver da árbore; e chimpérono á entrada da porta da cidade e levantaron sobre el unha morea de pedras que permanece ata o día de hoxe. 30 Entón Xosué edificou un altar a Iahveh, Dios de Israel, no monte Ebal, 31 tal como Moisés, servo de Iahveh, ordenara aos fillos de Israel, como está escrito no libro da lei de Moisés, un altar de pedras sen labrar, sobre as que ninguén alzara ferramenta de ferro; e ofreceron nel holocaustos a Iahveh, e sacrificaron ofrendas de paz. 32 E escribiu alí, nas pedras, unha copia da lei que escribira Moisés, en presenza dos fillos de Israel. 33 Todo Israel, cos seus anciáns, os seus oficiais e os seus xuíces, estaba de pé dunha a outra banda da arca, diante dos sacerdotes levitas que levaban a arca da alianza de Iahveh, tanto o forasteiro como o nativo. A metade deles estaba fronte ao monte Ierizim, e a outra metade fronte ao monte Ebal, tal como establecera Moisés, servo de Iahveh, a primeira vez, para que bendicisen ao pobo de Israel. 34 Despois Xosué leu tódalas palabras da lei, a bendición e a maldición, de acordo con todo o que está escrito no libro da lei. 35 Non houbo nin unha palabra de todo o que mandara Moisés que Xosué non lese diante de toda a asemblea de Israel, incluíndo as mulleres, os nenos e os estranxeiros que vivían no medio deles.