Capítulo 2
Oración de Xonás.
1
Entón orou Xonás a Iahveh, o seu Deus, dende o ventre do peixe
2
e dixo: clamei a Iahveh na miña angustia, e Él respondeume. Dende o seo do Seol pedín axuda e escoitaches a miña voz;
3
pois tiráchesme ao profundo , no corazón dos mares, e as correntes rodeábanme ; todas as túas encrespadas olas e as túas ondas pasaron sobre min.
4
Entón dixen: "Fun expulsado de diante dos teus ollos; porén volverei mirar cara o teu santo templo".
5
As augas rodeáronme ata a miña alma, o gran abismo envolveume, as algas enredáronse na miña cabeza.
6
Descendín ata as raíces dos montes, a terra cos seus cerroxos cercáronme para sempre; pero ti sacaches da fosa da miña vida, oh, Iahveh, Señor meu.
7
Cando desmaiaba a miña alma, de Iahveh me lembrei;
a miña oración chegou ata ti, ata o teu santo templo.
8
Os que confían en ídolos vans a misericordia de Deus abandona,
9
pero eu con voz de agradecemento vouche ofrecer sacrificios. O que prometín, pagareino. A salvación é de Iahveh.
10
Entón Iahveh deulle orde ao peixe, e este vomitou a Xonás en terra seca.