Capítulo 12

1 Entón os homes de Efraín reuníronse e pasaron cara o norte, e dixéronlle a Iefté: -Por que fuches a loitar contra os fillos de Amón e non nos chamaches para que foramos contigo? Nós queimaremos a túa casa contigo. 2 Pero Iefté díxolles: -Eu e o meu pobo estabamos en grande disputa cos fillos de Amón; e cando vos chamei, non me rescatastes da súa man. 3 Vendo que non me defendestes, arrisquei a miña vida e pasei contra os fillos de Amón, e Iahveh entregounos na niña man. Por que, pois, subistes hoxe para loitar contra min? 4 Entón Iefté reuniu a tódolos homes de Galaad e loitou contra Efraín; e os homes de Galaad derrotaron a Efraín, porque eles dixeran: vós sodes fuxitivos de Efraín; vós, os de Galaad, estades no medio de Efraín e Manasés. 5 E os de Galaad tomaron os pasos do Xordán para Efraín; e sucedeu que cando os fuxitivos de Efraín dicían: -Déixame pasar, preguntábanlles os homes de Galaad: -Es ti efratita? E se el respondía: -Non, 6 entón eles dicíanlle: di agora: Shibolet. E el dicía: Sibolet, porque non podía pronuncialo correctamente. Entón botábanlle a man e matábano nos vaos do Xordán. E naquel tempo morreron de Efraín corenta e dous mil. 7 Iefté xulgou a Israel seis anos; e morreu Iefté galadita, e foi sepultado nunha das cidades de Galaad. 8 Despois del xulgou a Israel Ibzan de Belén, 9 El tiña trinta fillos e trinta fillas, que casaron fóra e tomou de fóra trinta fillas para os seus fillos. E xulgou a Israel por sete anos. 10 E morreu Ibzan, e foi sepultado en Belén. 11 Despois del xulgou a Israel Elón zabulonita; e xulgou a Israel dez anos. 12 E morreu Elón zabulonita, e foi sepultado en Axalón, na terra de Zabulón. 13 Despois del xulgou a Israel Abdón, fillo de Hilel, piratonita. 14 El tiña corenta fillos e trinta netos que montaban en setenta asnos; e xulgou a Israel oito anos. 15 E morreu Abdón, fillo de Hilel piratoniota, e foi sepultado en Piratón, na terra de Efraín, no monte de Amalec.