Capítulo 1
1
No segundo ano do rei Darío, no mes sexto, no día primeiro do mes, veu palabra de Iahveh, a través do profeta Axeo a Zorobabel, fillo de Sealtiel, gobernador de Xudá, e a o sumo sacerdote Xosué, fillo de Iosadac, dicindo:
2
Así di Iahveh dos exércitos: “este povo di: ‘Aínda non é o tempo, o tempo de que a casa de Iahveh sexa reedificada.’”
3
Entón veu a palabra de Iahveh por medio do profeta Axeo dicindo:
4
Seica é tempo de que vós habitedes nas vosas casas artesoadas mentres esta casa está desolada?
5
Pois agora, así di Iahveh dos exércitos: Considerade ben os vosos camiños.
6
Sementades abondo, pero recolledes pouco; comedes, pero non vos fartades; bebedes, pero non chega para saciarvos; vestídevos, pero ninguén se quenta; e o que traballa a xornal, recibe a paga en bulsa furada.
7
Así di Iahveh dos exércitos: Considerade ben os vosos camiños.
8
Subide ao monte, traede madeira e reedificade a miña casa para que me comprazca nela e eu sexa glorificado -di Iahveh.
9
Agardades por ter moito, pero velaquí que atopades pouco; e o que levastes a casa, eu o esparzo cun sopro. E por qué? -declara Iahveh dos exércitos-. A causa da miña casa que é unha desfeita, namentres cada quen preocupase por atender á súa casa.
10
É por iso, pola vosa culpa, os ceos retiveron o seu orballo e a terra retivo a súa colleita
11
E chamei a seca sobre a terra, e sobre os montes, sobre o trigo, sobre o mosto, sobre o aceite, sobre todo o que produce a terra, sobre a xente, sobre o gando e sobre todo o traballo das vosas mans.
12
E Zorobabel, fillo de Sealtiel, o sumo sacerdote Xosué, fillo de Iosadac, e todo o resto do pobo, obedeceron a voz de Iahveh o seu Deus e as palabras do profeta Axeo, como Iahveh o seu Deus lle mandara. E temeu o pobo diante de Iahveh.
13
Daquela Axeo, mensaxeiro de Iahveh, por mandado de Iahveh faloulle ó pobo dicindo: Eu estou convosco -declara Iahveh.
14
E espertou Iahveh o espírito de Zorobabel, fillo de Salatiegobernador de Xudá, e o espírito do sumo sacerdote Xosué, fillo de Iosadac, e o espírito de todo o resto do pobo. E viñeron e comezaron a obra na casa de Iahveh dos exércitos, o seu Deus,
15
o día vintecatro do mes sexto, no ano segundo do rei Darío.