Capítulo 2

1 O día vinteún do mes sétimo, veu a palabra de Iahveh, por medio do profeta Axeo, dicindo: 2 Fala arestora a Zorobabel, fillo de Sealtiel, gobernador de Xudá, e a o sumo sacerdote Xosué, fillo de Iosadac, e a o resto do pobo, dicindo: 3 “Quen fica entre vosoutros que teña visto este templo na sua primeira gloria? E cómo o mirades agora? Tal como está, non é como nada a os vosos ollos? 4 “Pero desta, esfórzate Zorobabel -declara Iahveh- esfórzate ti tamén, Xosuñe, fillo de Iosadac, sumo sacerdote, e esforzádevos todos vos, pobo da terra” -declara Iahveh- “e traballade, porque eu estou convosco” -declara Iahveh dos exércitos. 5 “Segundo o pacto que fixen convosco, cando saístes de Exipto, o meu Espírito fica no medio de vos; non temades.” 6 Porque así di Iahveh dos exércitos: “Unha vez máis, en pouco tempo, eu farei tremer os ceos e a terra, o mar e a terra firme. 7 “E farei tremer a tódalas nacións; e virá o desexado de todalas naciòns, e eu encherei de gloria esta casa” -di Iahveh dos exércitos. 8 “Miña é a prata e o ouro e meu” -declara Iahveh dos exércitos. 9 “A gloria derradeira desta casa ha ser meirande ca primeira” -di Iahveh dos exércitos- “e neste lugar darei paz” -declara Iahveh dos exércitos. 10 O día vintecatro do mes noveno, no ano segundo de Darío, veu a palabra de Iahveh ó profeta Axeo, dicindo: 11 Así di Iahveh dos exércitos: “Pregunta agora aos sacerdotes da lei, dicindo: 12 ‘Se alguén leva carne consagrada na falda da súa vestidura, e toca coa sua falda pan, ou guiso, viño, aceite ou calquera outro alimento, quedará este consagrado?’ E os sacerdotes responderon, e dixeron: Non. 13 E dixo Axeo: Se alguén, inmundo polo contacto cun cadáver, toca calquera destas cousas, quedará inmunda? Responderon os sacerdotes, e dixeron: Quedará inmunda. 14 Entón voltou a falar Axeo, e dixo: “Así é este pobo e así é esta nación diante de min” -declara Iahveh- “e deste xeito é toda obra das súas mans; e o que aquí ofrecen, e noxento”. 15 Agora pois, considerade ben isto dende hoxe en adiante: antes que se puxera pedra encol de pedra no templo de Iahveh, 16 Denantes diso, cando alguén chegaba a una morea de vinte medidas e só había dez; ou cando viña alguén ó lagar para sacar cincuenta olas, e soamente había vinte. 17 Ferinvos con vento abrasante, con fungos e con pedrazo en toda laboura das vosas mans, pero ningún de vos volveuse a min -declara Iahveh. 18 Mais considerade ben isto dende hoxe en adiante, dende o día vintecatro do mes noveno; dende o día en que puxéronse os alicerces do templo de Iahveh, poñede atención. 19 Está aínda a semente no celeiro? Aínda a vide, a figueira, o granadeiro e a oliveira non deron froito; pero dende hoxe eu dareivos bendición. 20 E a palabra de Iahveh veulle por segunda vez a Axeo, no día vintecatro do mes, diciendo: 21 Fala a Zorobabel, gobernador de Xudá, dicindolle: “Eu estremecerei os ceos e a terra, 22 e Eu transtornarei o trono dos reis, e farei que sexa destruido o poder dos reinos das nacións; Baldearei o carro e mailos que montan nel, e caerán os cabalos e os seus xinetes, cadaquen pola espada do seu irmán. 23 Naquel día -declara Iahveh dos exércitos- collereite a ti, Zorobabel, fillo de Sealtiel, servo meu -declara Iahveh- e heite por coma un anel para selar, porque eu escollinte. -declara Iahveh dos exércitos.