1
E subiu Moisés dende a chaira de Moab ao monte Nebo, ao cumio do Pisga, frente a Iericó, e Iahveh fíxolle ver toda a terra, dende Galaad ata Dan,
2
e todo Neftalí, a terra de Efraín e de Manasés, e toda a terra de Xudá, ata o mar Occidental,
3
e o Neguev e a chaira do val de Iericó, a cidade das palmeiras, ata Zoar.
4
E díxolle Iahveh: Esta é a terra que xurei dar a Abraham, a Isaac e a Xacob, dicindo: Eu dareilla á túa descendencia. Permitín que a viras cos teus ollos, pero non has pasar a ela.
5
E morreu alí Moisés, servo de Iahveh, na terra de Moab, conforme o dito pola boca boca de Iahveh.
6
E deulle sepultura no val, na terra de Moab, frente a Bet-Peor; a aínda hoxe non hai quen saiba do lugar da súa sepultura.
7
E mesmo que era Moisés de cento vinte anos ao morrer, endexamais non escureceran os seus ollos nin perdera a súa forza.
8
E choraron os fillos de Israel a Moisés por trinta días na chaira de Moab; cumpríronse así os días de pranto e dó por Moisés.
9
E Xosué fillo de Nun foi cheo do espírito de sabedoría, porque Moisés puxera as súas mans enriba del; e os fillos de Israel obedecéronlle e fixeron así como Iahevhlle mandara a Moisés.
10
Pero nunca máis se levantou profeta semellante a Moisés en Israel, a quen Iahveh trataba cara a cara.
11
Por todos os sinais e prodixios que Iahveh lle mandou facer na terra de Exipto, contra Faraón, contra tódolos seus servos e contra toda a súa terra,
12
e pola poderosa man e por tódolos grandiosos e terribles feitos que fixo Moisés diante de todo Israel.