Capítulo 1

1 Estas son as palabras que lle dirixiu Moisés a todo Israel no deserto na outra beira do río Xordán frente a Suf, entre Parán, Tofel, Labán, Hazerot e Dizahab. 2 Son once días de camiño entre Horeb e Cades Barnea polo camiño do monte Seir. 3 O día primeiro do mes undecimo do ano cuarenta, Moisés falou cos fillos de Israel segundo todo o que o Señor lle mandou que lles dixera, 4 despois de que Moisés derrotara a Sehón, o rei dos amorreos, que reinaba en Hesbón e despois de que derrotara en Edrei a Og ao rei de Baxán. 5 Moisés comezou a explicar esta lei ao otro lado do Xordán, na terra de Moab: 6 "O Señor, noso Deus, falounos en Horeb e dixo: "Xa permanecistes bastante tempo neste monte." 7 Volvede, poñédevos en marcha e ide cara a rexión montañosa dos amorreos e onda os seus veciños Arabá, nas montañas, no val, no Neguev e pola beira do mar, a terra dos cananeos e o Líbano, ata o río grande, o río Éufrates. 8 Mirade que puxen a terra diante de vós. Entrade e posuide a terra que o Señor xurou dar aos vosos pais Abraham, Isaac e Xacobe, a eles e despois a súa descendencia. 9 Naquel tempo faleivos deste xeito: "Eu só non podo levar a carga por todos vós". 10 O Señor, voso Deus multiplicouvos e agora sodes unha multitude como as estrelas do ceo. 11 Que o Señor, o Deus dos vosos pais, vos multiplique mil veces mais do que sodes e vos bendiga, tal e como prometeu. 12 Como podo levar as vosas cargas, os vosos problemas e os vosos pleitos? 13 Escollede homes sabios, entendidos e expertos de entre as vosas tribus, e eu os nomearei xefes. 14 Entón vós me respondestes: "Está ben que se faga como propós" 15 Así que escollí xefes das vosas tribus, homes instruidos e experimentados e os nomeei vosos dirixenetes : xefes de mil, xefes de cento, xefes de cincuenta e xefes de dez, e oficiais para as vosas tribus. 16 Naquel momento din instruccións aos xuices e lles dixen: "escoitade os pleitos entre os vosos irmáns, e xulgade xustamente entre un e o seu irmán ou o extranxeiro está con el. 17 Non discriminedes as persoas, escoitade do mesmo xeito ao pequeno e ao grande. Non temades as persoas porque o xuizo é de Deus. No caso de que sexa moi difícil para vós, traédemo a min, e eu o escoitarei. 18 E pola ocasión, mandarei todas as cousas que terían que facer. 19 Logo saímos de Horeb e pasamos por todo aquel deserto inmenso e e terrible que vistes, camiño da rexión dos amorreos, tal e como o Señor noso Deus nolo mandara e chegamos a Cades Barnea. 20 Entón vos dixen: "Chegastes aos montes dos amorreos que o Señor noso Deus nos vai dar. 21 Mirade, o Señor o teu Deus puxo a terra diante de vós, posúea, como prometeu o Señor, o Deus dos vosos pais. Non teñades medo nen vos acovardedes. 22 Entón todos vós viñestes diante de min e dixestes: "Mandemos uns homes diante de nos para que exploren a terra e nos traian novas de cal é o camiño polo que debemos subir e das cidade nas cais entraremos". 23 E me pareceu unha boa proposta, e escollín a doce homes de entre todos vós, un de cada tribo. 24 Eles saíron e subiron á rexión montañosa e chegaron ao val de Escol e exploraron a terra. 25 Colleron o froito da terra e nolo trouxeron e nos informaron e dixeron: "É unha boa terra a que o Señor o nos Deus nos da". 26 Aínda así, non quixestes subir, e vos rebelastes contra a orde do Señor o voso Deus. 27 E rexoubastes nas vosas tendas e dixestes: "Porque o Señor nos aborrece, sacounos da terra de Exipto para entregarnos nas mans dos amorreos e destruirnos." 28 Onde subiremos? Os nosos irmáns nos intimidaron dicindo: Son un pobo máis grande e máis forte ca nos; as cidades son grandes e fortificadas ata o ceo. E vimos alí aos anaquitas. 29 Entón eu vos dixen: "Non temades nen teñades medo. 30 O Señor o voso Deus vai diante de vos, El pelexará por vos, así como fixo ante os vosos ollos en Exipto 31 e no deserto, onde vistes como o Señor o voso Deus vos levou, como un home leva ao seu fillo por todo o camiño que andivestes ata chegar a este lugar." 32 Mais con todo isto non confiastes no Señor o voso Deus 33 quen ía diante de vós no camiño para buscarvos un sitio onde acampar, con lume pola noite e con nube polo día para amosarvos o camiño polo que deberiades andar. 34 Ao escoitar o Señor o rumor das vosas palabras, anoxouse e xurou: 35 "Ningún destes homes, desta xeración perversa, verá a boa terra que xurei dar aos vosos devanceiros, 36 excepto Caleb, fillo de Iefuneh. El veráa, e a el e aos seus fillos dareilles a terra que pisou, xa que el seguiu fielmente ao Señor." 37 O Señor anoxouse tamén contra min pola vosa culpa e dixo:"Tampouco ti entrarás alá. 38 Xosué, fillo de Nun, o teu axudador, el entrará; anímao, porque el fará que Israel a herde. 39 En canto aos vosos nenos pequenos, que coidabades que virían ser prisioneiros, e os vosos fillos, que ainda hoxe non saben distinguir o ben do mal, entrarán alí, e a eles lles darei a terra e eles a posuirán. 40 Pero vos, volvede e ide cara o deserto polo camiño do mar Vermello. 41 Entón vós respondistes: "Pecamos contra o Señor. Subiremos e pelexaremos tal e coma o Señor noso Deus nolo mandou". E cada un de vós cinguistes as armas de guerra e pensastes que era fácil subir aos montes. 42 Mais o Señor díxome: "Dilles: non subades, nen pelexedes pois eu non vou con vós para que non vos derroten os vosos inimigos". 43 Asi volo dixen, pero non quixestes escoitar, mais ben ao contrario, rebelástesvos contra o mandato do Señor e cheos de fachenda subistes aos montes. 44 Mais os amorreos que dominan naqueles montes, saíronvos ao paso e vos perseguiron coma fan as abellas e vos derrotaron desde Seir ata Hormah. 45 Entón volvestes chorando diante do Señor, mais o Señor non vos escoitou nen fixo caso de vós. 46 E por iso levades vivindo tanto tempo en Cades.