1
Cando chegou o día de Pentecostés, estaban todos xuntos no mesmo lugar.
2
De súpeto, veu un ruído do ceo coma o dun refacho de vento forte que encheu a casa onde estaban sentados
3
e se lles apareceron linguas coma de lume que, repartíndose, pousaron sobre cada un deles.
4
Todos foron cheos do Espírito Santo e comezaron a falar noutras linguas, segundo o Espíritu lles concedía para expresarse.
5
Había xudeus que vivían en Xerusalém, homes piadosos, procedentes de tódalas nacións da terra.
6
E ao facerse este estrondo, xuntouse unha multitude; e estaban desconcertados porque cada un ouvíaos falar na súa propia lingua.
7
Estaban asombrados e marabillados, dicindo: -Mirade, non son galileos todos estes que están falando?
8
Como é que cada un de nós os oe falar na nosa lingua natal?
9
Partos, medos e elamitas, habitantes da Mesopotamia, da Xudea, da Capadocia, do Ponto e da Asia,
10
da Frixia e de Panfilia, de Exipto e das rexións de Libia ao derredor de Cirene, e os de Roma, forasteiros,
11
tanto xudeus coma prosélitos, cretenses e árabes, lles ouvimos falar nas nosas linguas das marabillas de Deus.
12
Todos estaban asombrados e admirados, dicíndose uns a outros: -Que quer dicir isto?
13
Mais outros facían burla e dicían: -Están cheos de viño.
14
Entón Pedro, poñéndose en pé cos once, levantou a voz e díxolles: -Varóns xudeus e todos os que vivides en Xerusalém, entendede ben e prestade atención ás miñas palabras!
15
Porque non están bébedos como pensades, xa que é a hora terceira do día.
16
Senón que isto é o que dixera o profeta Xoel:
17
"E acontecerá nos últimos días - di Deus - que derramarei do meu Espírito sobre toda carne; e os vosos fillos e as vosas fillas profetizarán, os vosos mozos verán visións e os vosos anciáns terán soños;
18
e de certo derramarei do meu Espírito sobre os meus servidores e as miñas servidoras neses días, e profetizarán.
19
E farei marabillas enriba no ceo e sinais embaixo na terra: sangue, lume e columna de fume.
20
E o sol ha tornar en tebras e a lúa en sangue, antes de que veña o día grande e glorioso do Señor.
21
E acontecerá que todo aquel que invoque o nome do Señor será salvo".
22
Israelitas, escoitade estas palabras: Xesús o Nazareno, home confirmado por Deus entre vós por milagres, prodixios e sinais que Deus fixo por medio del entre vós, tal e como sabedes, a este,
23
entregado polo plan predeterminado e co coñecemento previo de Deus, matástelo a mans de impíos, crucificándoo;
24
a quen Deus resucitou, liberándoo das dores da morte, xa que non era posible que El quedase preso dela.
25
Porque David di del: "Vía continuamente ao Señor na miña presenza; pois está á miña dereita para que eu non sexa conmovido.
26
Polo que o meu corazón se alegrou e a miña lingua brincou de gozo; e aínda ata a miña carne descansará en esperanza;
27
Pois ti non abandonarás a miña alma no Hades nin permitirás que o teu santo vexa corrupción.
28
Fixéchesme coñecer os camiños da vida; e encherasme de gozo coa túa presenza".
29
Irmáns, pódovos dicir con toda seguridade do patriarca David que morreu e foi sepultado, e o seu sepulcro está entre nós ata o día de hoxe.
30
Mais como era profeta , e sabía que Deus lle prometera sentar a un dos seus descendentes no seu trono,
31
adiantouse a ver o futuro e falou da resurrección de Cristo, que non foi abandonado no Hades, nin a súa carne viu corrupción.
32
A este Xesús, Deus resucitouno, do que todos nós somos testemuñas.
33
Así que, exaltado á dereita de Deus, e recibindo do Pai a promesa do Espírito Santo, derramou isto, que vós vedes e escoitades.
34
Porque David non ascendeu aos ceos, pero el mesmo di: "Dixo o Señor ao meu Señor: senta á miña dereita,
35
ata que poña os teus inimigos como estrado dos teus pés".
36
Saiba, entón, con certeza toda a casa de Israel, que Deus fixo Señor e Cristo a este Xesús a quen vós crucificastes.
37
Ao escoitaren isto, compunxidos de corazón, dixéronlle a Pedro e aos demais apóstolos: -Irmáns, que faremos?
38
E Pedro díxolles: -Arrepentídevos e bautizádevos cada un de vós no nome de Xesús Cristo para perdón dos vosos pecados, e recibiredes o don do Espírito Santo.
39
Porque a promesa é para vós e para os vosos fillos e para todos os que están lonxe, para tantos como o Señor o noso Deus chame.
40
E con moitas outras palabras testificaba e exhortábaos dicindo: salvádevos desta xeración malvada.
41
Entón os que recibiron a súa palabra foron bautizados e foron engadidas naquel día arredor de tres mil persoas.
42
E perseveraban nas ensinanzas dos apóstolos, na participación, no partimento do pan e nas oracións.
43
E o temor apoderouse de todos eles, porque os apóstolos facían moitos prodixios e sinais milagrosos.
44
Todos os que creran estaban xuntos e tiñan tódalas cousas en común,
45
e vendían as propiedades e os bens e compartíanos con todos, segundo a necesidade de cada un.
46
E perseveraban xuntos cada día no templo, partindo o pan nas casas, compartían a comida xuntos con ledicia e humildade corazón,
47
louvaban a Deus e eran ben vistos polo pobo. Cada día o Señor engadía o número dos que ían sendo salvos.