Capítulo 9

1 Cando a raíña de Sabá soubo da fama de Salomón, foi a Xerusalém cun gran exército, con camelos cargados de perfumes, ouro en gran cantidade de pedras preciosas, para probar a Salomón con preguntas difíciles. E cando chegou diante de Salomón, falou con el de todo o que tiña no seu corazón. 2 E Salomón respondeulle a todas as súas preguntas; non houbo nada que Salomón non lle explicase. 3 E cando a raíña de Sabá viu a sabedoría de Salomón, e o palacio que edificara, 4 e os manxares que había na súa mesa, e toda a corte sentada para comer, e a disposición dos seus ministros e os seus vestidos, os seus mordomos e cos seus uniformes, e a escaleira que subía á casa de Iahveh, quedou abraiada, 5 e dixo ao rei: era certo o que escoitéi no meu país de ti e da túa sabedoría. 6 Eu non cría nas palabras ata que vin e puiden ver cos meus ollos. E velaquí, non me dixeron nin a metade da túa grandeza: superas todo o que me contaron. 7 Felices os teus homes, e ditosos estes teus servos, que sempre están diante de ti e escoitan a túa sabedoría! 8 Bendito sexa Iahveh, o teu Deus, que se agradou de ti para poñerte no seu trono como rei para Iahveh, o teu Deus! Porque o teu Deus ama a Israel, para establecelo por sempre, por iso fíxote rei sobre eles, para que exerzas o dereito e a xustiza. 9 E ela deu ao rei cento vinte talentos de ouro, e unha gran cantidade de especias aromáticas e pedras preciosas. Nunca houbo especias aromáticas como as que a raíña de Sabá trouxo ao rei Salomón. 10 E os servos de Hiram e os de Salomón, que trouxeran o ouro de Ofir, tamén trouxeron madeira de sándalo e pedras preciosas. 11 E do madeiro de sándalo o rei fixo entarimados na casa de Iahveh e na casa real, ademáis de arpas e cítaras para os cantores. Nunca se vira madeira como aquela na terra de Xudá. 12 E o rei Salomón deu á raíña de Sabá todo o que ela quiso pedirlle, máis do que ela trouxo ao rei. Máis tarde, ela volveuse e regresou á sua terra cos seus servos. 13 O peso do ouro que lle chegaba a Salomón cada ano era de seiscentos sesenta e seis talentos de ouro, 14 ademais do que traían os mercadores e os comerciantes; e todos os reis de Arabia e os gobernadores do país traían ouro e prata a Salomón. 15 E o rei Salomón fixo douscentos escudos de ouro, cada un deles tiña seiscentos siclos de ouro forrado. 16 Trescentos escudos de ouro batido, e cada un deles tiña trescentos siclos de ouro. O rei colocounos na casa do Bosque do Líbano. 17 O rei tamén fixo un gran trono de marfil revestíndoo de ouro puro. 18 O trono tiña seis gradas, e un pedestal de ouro fixado ao trono, e brazos a un lado e a outro do trono, e dous leóns a ambos lados do asento, 19 e doce leóns sobre os seis escalóns, dun lado e do outro. Xamais se fixera nada semellante en ningún reino. 20 Toda a vaixela do rei Salomón era de ouro, e todo os obxectos da casa do Bosque do Líbano eran de ouro puro; nada de prata, porque non se lle daba ningunha importancia nos días de Salomón. 21 Porque os barcos do rei ían a Tarsis cos homes de Hiram; e cada tres anos chegaban os barcos de Tarsis cargados de ouro, prata, marfil, monos e pavos reais. 22 O rei Salomón fíxose máis grande que todos os reis da terra en riquezas e en sabedoría. 23 E todos os reis da terra procuraban a presenza de Salomón para escoitar a sabedoría que Deus tiña posto no seu corazón. 24 E ano tras ano, cada un deles traía o seu agasallo, obxectos de prata e ouro, vestidos, armas, perfumes, cabalos e mulas. 25 E Salomón tiña cortes para catro mil cabalos e para os seus carros, e doce mil xinetes, que colocou nas cidades que tiña para os seus carros e en Xerusalém, preto do rei. 26 E gobernou sobre todos os reis dende o río Eufrates ata a terra dos filisteos e ata a fronteira de Exipto. 27 E o rei fixo que a prata en Xerusalém fose tan corrente como as pedras, e os cedros tan abundantes coma os cabritos da chaira. 28 E trouxeron cabalos para Salomón de Exipto e de todos os países. 29 O resto dos feitos de Salomón, os primeiros e os últimos, non están escritos nos anais do profeta Natán, na profecía de Aías, o silonita, e na profecía de Iddo, o vidente, contra Ieroboam, fillo de Nabat? 30 E o tempo que Salomón reinou en Xerusalém sobre todo Israel foi de corenta anos. 31 E morreu Salomón, e foi sepultado na cidade de David, seu pai. E reinou no seu lugar Roboam, o seu fillo.