Capítulo 10

1 Entón Roboam foi a Siquem, porque todo Israel fora a Siquem para facelo rei. 2 E cando o soubo, Ieroboam, fillo de Nebat, que estaba en Exipto, onde fora fuxindo do rei Salomón, volveu de Exipto, 3 mandaron a chamalo. E chegou Ieroboam con todo Israel, para falar con Roboam, dicindo: 4 o teu pai fixo pesado o noso xugo; alivia agora o duro servizo e o pesado xugo que o teu pai nos botou enriba, e servirémoste. 5 E el respondeulles: "volvede dentro de tres días". E o pobo marchou. 6 E o rei Roboam consultou cos anciáns que estiveran diante de Salomón, o seu pai, cando estaba vivo, e díxolles: que me aconsellades que responda a este pobo? 7 E eles falaron con el, dicindo: se eres bondadoso con este pobo, os complaceses e lles falases boas palabras, serán sempre os teus servos. 8 Pero el rexeitou o consello que lle daban os anciáns e consultou aos mozos que medraron con el e que o acompañaban. 9 E díxolles: que me aconsellades que respondamos a este pobo que me dixo: alixeira o xugo que o teu pai puxo sobre nós? 10 E falaron con el os mozos que medraron con el, dicindo: así dirás ao pobo que che falou, dicindo: o teu pai fixo pesado o noso xugo, e ti faino lixeiro. Deste modo lles dirás: o meu dedo máis pequeno é máis groso que as costas do meu pai. 11 Así que, o meu pai puxo sobre vós un xugo pesado, pero eu aumentarei o voso xugo; se meu pai vos castigou con azoutes, eu fareino con escorpións. 12 Tres días despoios chegou Ieroboam e todo o pobo onda Roboam, tal e como o rei lles dixera: volvede a min dentro de tres días. 13 E o rei respondeulles duramente, pois o rei Roboam rexeitou o consello dos anciáns, 14 e falou con eles segundo o consello dos mozos, dicindo: “o meu pai fixo pesado o voso xugo, pero eu aumentaréivolo; o meu pai castigouvos con azoutes, eu fareino con escorpións”. 15 De maneira que o rei non escoitou ao pobo, porque todo isto procedía de Deus, para que cumprise a palabra que Iahveh falou por medio de Aías, o silonita, a Ieroboam, fillo de Nabat. 16 Cando todo Israel viu que o rei non os escoitou, o pobo respondeu ao rei: que parte temos en David? Non temos herdanza no fillo de Ixaí! Cada un ás súas tendas, Israel! Agora, coida a túa casa, David! E todo Israel foi ás súas tendas. 17 Roboam reinou sobre os israelitas que vivían nas cidades de Xudá. 18 E o rei Roboam enviou a Adoram, que se encargaba dos tributos polo traballo, pero os fillos de Israel emprendérona a pedradas con el ata que morreu. E o rei Roboam apresurouse a subir ao carro para fuxir a Xerusalém. 19 Así se rebelou Israel contra a casa de David ata o día de hoxe.