Capítulo 32

1 Despois destas cousas e de tal fidelidade, Senaquerib, rei de Asiria, veu e invadiu Xudá, e sitiou as cidades fortificadas e propúxose asaltalas. 2 E cando Ezequías viu que Senaquerib viñera e que estaba decidido a loitar contra Xerusalém, 3 resolveu, xunto aos seus príncipes e aos seus homes de valor, cegar as augas das fontes que estaban fóra da cidade, e eles apoiárono. 4 Reuniuse entón unha multitude de xente, e obstruíron todas as fontes e o río que fluía por toda a rexión, dicindo: por que os reis de Asiria, cando veñan, han atopar auga? 5 Despois disto, Ezequías fortaleceu o seu corazón e reconstruíu todo o muro que tiña sido derrubado e ergueu torres sobre el, e levantou outro muro por fóra, e fortificou o terraplén da cidade de David, e tamén fixo moitas espadas e escudos. 6 E colocou capitáns sobre o pobo, e reuniunos diante del na praza da porta da cidade, e falou con eles, dicindo: 7 esforzádeos e tede valor! Non teñades medo nin vos acovardedes diante do rei de Asiria nin de toda a multitude que está con el; porque quen está connosco é maior ca quen está con el. 8 Con el está un brazo de carne, pero con nós está Iahveh, o noso Deus, para axudarnos e loitar as nosas batallas. E o pobo apoiouse nas palabras de Ezequías, rei de Xudá. 9 Despois disto, Senaquerib, rei de Asiria, enviou a Xerusalém aos seus servos, mentres estaba a asediar Laquis con todas as súas forzas, a Ezequías, rei de Xudá, e a todos os xudeus que estaban en Xerusalém, dicindo: 10 así di Senaquerib, rei de Asiria: en que confiades, para vos quedar dentro das fortificacións de Xerusalém? 11 Non vos está enganando Ezequías para facervos morrer de fame e sede, cando di: 'Iahveh, o noso Deus, nos librará da man do rei de Asiria'? 12 Non é ese o mesmo Ezequías quen eliminou os lugares altos e os seus altares e ordenou a Xudá e a Xerusalém dicindo: 'só ante este altar adoraredes e sobre el queimaredes incenso?' 13 Non sabedes o que eu e os meus pais fixemos a todos os pobos dos países? Puideron os deuses das nacións destas terras librar o seu pobo da miña man? 14 Cal de entre todos os deuses destas nacións que destruíron os meus pais, puido librar o seu pobo da miña man, de xeito que o voso Deus poida librarvos da miña man? 15 Polo tanto, non vos deixedes enganar por Ezequías que vos fai crer estas cousas, porque ningún deus de todas as nacións e de todos os reinos foi quen de librar o seu pobo da miña man e da man dos meus país. Moito menos o voso Deus vos librará da miña man! 16 E moitas outras cousas falaron os seus servos contra o Iahveh Deus e contra o seu servo Ezequías. 17 Ademais, escribiu cartas para blasfemar contra Iahveh, o Deus de Israel, e falou contra el, dicindo: "así como os deuses das nacións dos países non puideron librar o seu pobo da miña man, tampouco o Deus de Ezequías poderá librar o seu da miña man". 18 E eles gritaron a gran voz na lingua hebrea ao pobo de Xerusalém que estaba sobre as murallas, para asustalos e intimidalos e así poder tomar a cidade. 19 E falaron contra o Deus de Xerusalém como contra os deuses dos pobos da terra, obra das mans dos homes. 20 E o rei Ezequías e o profeta Isaías, fillo de Amós, oraron por isto e clamaron aos ceos. 21 E Iahveh enviou un anxo que destruíu a todos os guerreiros esforzados, aos capitán e xefes, no campamento do rei de Asiria, quen regresou á su aterra cheo de vergoña; e cando entrou no templo do seu deus, os seus propios fillos matárono alí coa espada. 22 Así salvou Iahveh a Ezequías e aos habitantes de Xerusalém da man de Senaquerib, rei de Asiria, e da man de calquer outro, e lles deu descanso por todas partes. 23 E moitos trouxeron ofrendas a Xerusalém para Iahveh e presentes para Ezequías, rei de Xudá, quen despois diso foi moi grande diante de todas as nacións. 24 Naqueles días, Ezequías enfermou e estaba a piques de morrer, pero orou a Iahveh, quen lle respondeu e lle deu un sinal. 25 Pero Ezequías non agradeceu o favor que tiña recidibo, senón que o seu corazón enalteceuse polo que a ira chegou sobre el e sobre Xudá e Xerusalém. 26 Entón Ezequías, despois de que o seu corazón se enalteceu, humillouse, tanto el como os habitantes de Xerusalém, e a ira de Iahveh non chegou sobre eles nos días de Ezequías. 27 E Ezequías tivo moitas riquezas e honra, e obtivo tesouros de prata e ouro, pedras preciosas, perfumes, escudos e todo tipo de xoias preciosas. 28 Tivo tamén silos para o trigo, o viño e o aceite, e cortes para todo tipo de animais e curros para os rabaños. 29 Tamén adquiriu cidades, pois tiña ovellas e toda clase de gando en abundancia, porque Deus lle deu moitas riquezas. 30 Ese mesmo Ezequías cubriu o manantial superior das aufas do Guihón, desviándoas por abaixo cara a parte occidental da cidade de David. E Ezequías prosperou en todo o que fixo. 31 Pero cando os príncipes de Babilonia enviaron mensaxeiros para preguntar sobre o prodixio que tiña acontecido no país, Deus permitiu que fora probado, para dar a coñecer todo o que había no seu corazón. 32 O resto dos feitos de Ezequías e as súas boas obras están escritos na profecía do profeta Isaías, fillo de Amós, e no libro dos reis de Xudá e de Israel. 33 Ezequías morreu e foi sepultado no lugar máis alto dos sepulcros dos fillos de David. Todo Xudá e Xerusalém rendíronlle honra na súa morte. E o seu fillo Manasés reinou no seu lugar.