Capítulo 28

1 Acaz tiña vinte anos cando comezou a reinar, e reinou dezaseis anos en Xerusalém, pero non fixo o que estaba ben aos ollos de Iahveh , como o seu pai David. 2 senón que andou nos camiños dos reis de Israel, e tamén fixo imaxes fundidas para os Baales. 3 El mesmo queimou incenso no val de Ben-Hinom e fixo pasar aos seus fillos polo lume, segundo as abominacións das nacións que Iahveh expulsara de diante dos fillos de Israel. 4 Tamén ofreceu sacrificios e queimou incenso nas colinas, nos outeiros e debaixo de cada árbore frondosa. 5 Por iso Iahveh o seu Deus, entregouno nas mans do rei de Siria, que o derrotou e levou moitos prisioneiros a Damasco. Tamén foi entregado nas mans do rei de Israel, que lle inflinxiu unha gran derrota. 6 Porque Peca, fillo de Remalías, matou en Xudá nun só día a cento vinte mil homes, todos eles homes de valor, por teren abandonado a Iahveh, o Deus dos seus pais. 7 Tamén Zicri, un home de valentía de Efraín, matou a Maasías, fillo do rei, e a Azricam, o mordomo do palacio, e a Elcaná, o segundo despois do rei. 8 E os fillos de Israel levaron presos dos seus irmáns a douscentos mil, entre mulleres, mozos e mozas. Tomaron deles ademais un gran botín, e levárono a Samaria. 9 Pero había alí un profeta de Iahveh, chamado Obed, que saíu ao encontro do exército que ía a Samaría e díxolles: velaquí, por mor da ira contra Xudá, Iahveh, o Deus dos vosos país, entregounos na vosa man, pero o furor con que os matastes chegou ata os ceos. 10 E pensades en someter aos de Xudá e de Xerusalém para que sexan os vosos servos e servas. Non pecastes xa dabondo contra Iahveh, o voso Deus? 11 Agora, pois, escoitádeme e facede volver os prisioneiros que fixestes dos vosos irmáns, porque a ardente ira de Iahveh está contra vós. 12 Entón algúns dos príncipes dos fillos de Efraín, Azarías, fillo de Xoanan, Berequías, fillo de Mesilemot, Ezequías, fillo de Salum, e Amasa, fillo de Hadlai, erguéronse contra os que viñan da guerra. 13 E dixéronlles: "Non traiades aquí os prisioneiros, porque o pecado contra Iahveh caerá enriba de nós. Porque queredes engadir aos nosos pecados e á nosa culpa, sendo que a nosa culpa é grande, para que o lume da súa ira caia sobre Israel? 14 Entón os homes armados deixaron os prisioneiros e o botín diante dos príncipes e toda a congregación. 15 E levantáronse os homes que foron nomeados, e tomaron os prisioneiros, e vestiron cos despoxos a todos os que estaban espidos, e déronlles sandalias e fixeron que comeran e beberan, e unxíronos e levaron os máis débiles en burros ata Xericó, a cidade das palmeiras, preto dos seus irmáns; e eles volveron a Samaria. 16 Naquel tempo o rei Acaz enviou a pedir axuda aos reis de Asiria. 17 Porque os edomitas viñeron e atacaron a Xudá e fixeron algúns prisioneiros. 18 Tamén os filisteos saquearon as cidades do deserto e do sur de Xudá, e tomaron Bet-Semes, Aialón, Guederot, Soco e as súas vilas, e Timna e as súas vilas, e Guimzo e as súas vilas, e establecéronse alí. 19 Porque Iahveh humillou deste xeito a Xudá por causa de Acaz, rei de Xudá, que trouxera o desenfreno a Xudá, e transgredira gravemente contra Iahveh. 20 E Tiglath-Pileser, rei de Asiria, foi a el, pero aflixiuno en lugar de fortalecelo, 21 porque Acaz tiña expoliado a casa de Iahveh, e a casa real, e a dos príncipes, para pagar ao rei de Asiria, o que non lle serviu para nada. 22 Por se fora pouco, nese tempo de anguria, o rei Acaz, aumentou aínda máis a súa infidelidade a Iahveh, 23 pois ofreceu sacrificios aos deuses de Damasco, que o tiñan vencido, e dicía: xa que os deuses dos reis de Siria axudáronos a eles, voulles ofrecer eu tamén sacrificios para que me axuden a min. Pero eles foron a causa da ruína para el e para todo Israel. 24 Ademais, Acaz reuniu os utensilios da casa de Deus e fíxoos pedazos, e pechou as portas da casa de Iahveh, e fixo altares en todos os recantos de Xerusalém. 25 Tamén fixo lugares altos para queimar incenso a outros deuses en todas as cidades de Xudá, provocando deste xeito a ira de Iahveh, o Deus dos seus pais. 26 O resto dos seus feitos e todos os seus camiños, os primeiros e os últimos, están escritos no libro dos Reis de Xudá e de Israel. 27 E Acaz durmiu cos seus pais, e sepultárono na cidade, en Xerusalém, pero non nos sepulcros dos reis de Israel. E Ezequías, o seu fillo, reinou no seu lugar.