1
E sucedeu naqueles días que os Filisteos xuntaron os seus exércitos para loitar co pobo de Israel. Aquis díxolle a David: "Ten por certo que ti sairás conmigo do exército, ti e os teus homes.
2
David díxolle a Aquis, "Así saberás o que o teu servo pode facer". Aquis díxolle a David, "Entón fareite o meu gardacostas para sempre".
3
Agora Samuel había morto e todo Israel lamentouno e sepultouno en Ramá, na súa propia cidade. Tamén Saúl había botado da terra a aqueles que falaban cos mortos o con espíritos.
4
Entón os Filisteos xuntáronse e viñeron e acamparon en Sunem; e Saúl xuntou a todo Israel, e eles acamparon en Gilboa.
5
Cando Saúl viu o exército dos Filisteos, él tiña medo, e o seu corazón tremou moito.
6
Saúl orou ao SEÑOR por axuda, pero O SEÑOR non lle contestou-- nin en soños, nin polo Urim, nin por profetas.
7
Entón Saúl díxolles aos seus servos, "Atopen para min unha muller que fala cos mortos, para que eu vaia a ela e atope consello nela. "Os seus servos dixéronlle, "Mira, hai unha muller en Endor que di que fala cos mortos".
8
Saúl disfrazouse, púxose outras roupas, e foron dous homes con él, eles foron á muller na noite. Él díxolle, "Adiviña para min, suplícocho, cun espírito, e tráeme quen sexa que eu che nomee.
9
A muller díxolle, "Ti sabes o que Saúl fixo, como él prohibiu no país aqueles que falan con mortos ou os espíritos. Entón ¿por qué pos unha trampa a miña vida, para que morra?
10
Saúl xuroulle a ela polo O SEÑOR e díxolle, "Así como vive O SEÑOR, ningún castigo che sucederá a ti por isto".
11
Entón a muller dixo, "¿A quén che debo traer?" Saúl dixo, "Trae a Samuel para min."
12
Cando a muller viu a Samuel, ela chorou en voz alta e falou con Saúl, dicindo, "¿Por qué me enganaches? Ti es Saúl.
13
O rei díxolle a ela, "Non teñas medo, ¿Qué ves? a muller díxolle a Saúl, "vexo a un deus que sobe dende a terra".
14
Él díxolle a ela, "¿Cómo se ve él? Ela dixo, "Un home vello está subindo; está vestido cunha túnica". Saúl percibiu que era Samuel, e postrouse coa súa cara no chan e amosoulle respeto.
15
Samuel díxolle a Saúl, "¿Por qúe me perturbaches e me trouxeches arriba? Saúl contestou, "Estou moi preocupado, pois os Filisteos están facendo guerra en contra miña, e Deus deixoume e non me contestou máis, nin polos profetas, nin por soños. Por iso chameite a ti, para que me digas qué debo facer".
16
Samuel dixo, "¿Para qué entón me preguntas a min, si O SEÑOR deixoute, e Él chegou a ser o teu inimigo?
17
O SEÑOR fíxoche a ti o que Él dixo que faría. O SEÑOR arrebatou o reino da túa man e llo entregou a algúen máis a David".
18
Porque ti non obedeciches a voz do SEÑOR e non levaches a cabo a súa vinganza sobre Amalec, Él entón fíxoche isto hoxe.
19
Ademáis, O SEÑOR entregará a Israel e a ti nas mans dos Filisteos. Mañá ti e os teus fillos estaredes conmigo. O SEÑOR tamén entregará o exército de Israel na man dos Filisteos".
20
Entón Saúl inmediatamente caeu ao chan e tiña moito medo polas palabras de Samuel. Non había forzas nel, pois non comera en todo aquel día, nin tampouco aquela noite.
21
A muller achegouse a Saúl e viu que él estaba moi preocupado, ela díxolle, "Mira, a túa serva escoitou a túa voz; E puxen a miña vida en perigo e eu escoitei as palabras que me falaches.
22
Agora, rógoche a ti, escoita tamén a voz da túa serva, e déixame pór un pouco de comida diante túa. Come para que podas recuperar forzas para cando te vaias no teu camiño.
23
Pero Saúl negouse e dixo, "Eu non comerei". Pero os seus servos, xunto coa muller, lle insistían, e él escoitou as súas voces. Así que él levantouse do chan e sentouse na cama.
24
A muller tiña un becerro gordo na casa; ela apurouse e matouno, ela colleu fariña, amasouna, coceu un pan sen fermento.
25
Ela tróuxollo a Saúl e os seus servos, e eles comeron. Entón eles levantáronse e fóronse esa noite.