Capítulo 22

1 Pasaron tres anos sen guerra entre os sirios e Israel. 2 Pero aconteceu que no terceiro ano Iosafat, rei de Xudá, descendeu a visitar ao rei de Israel. 3 E o rei de Israel dixo aos seus servos: -Non sabedes que Ramot de Galaad é nosa, e porén non facemos nada para tomala da man do rei de Siria? 4 E dixo a Iosafat: -Irás comigo a loitar contra Ramot de Galaad? E Iosafat dixo ao rei de Israel: -Eu son coma ti, o meu pobo coma o teu pobo, e os meus cabalos coma os teus cabalos. 5 E Iosafat dixo ao rei de Israel: -Rógoche que consultes hoxe a palabra de Iahveh. 6 Entón o rei de Israel reuniu os profetas, uns catrocentos homes, e díxolles: -Irei a Ramot de Galaad na batalla, ou deixarei de facelo? E eles dixeron: -Sube, porque Iahveh entregaraa na man do rei. 7 E Iosafat dixo: -Non hai aínda aquí algún profeta de Iahveh por quen consultar? 8 E o rei de Israel dixo a Iosafat: -Aínda hai un home por quen poderemos consultar a Iahveh; pero eu aborrézoo porque nunca profetiza ben, senón só mal. E Iosafat dixo: -Non fale o rei así. 9 Entón o rei de Israel chamou a un oficial e díxolle: -Trae axiña a Micaías, fillo de Imla! 10 E o rei de Israel e Iosafat, rei de Xudá, estaban sentados cada un no seu trono, vestidos coas súas roupas reais, na praza que está á entrada da porta de Samaria; e todos os profetas profetizaban diante deles. 11 E Sedequías, fillo de Quenaana, fixera para si cornos de ferro, e dixo: -Isto di Iahveh: con estes turarás os sirios ata acabar con eles! 12 E todos os profetas profetizaban do mesmo xeito, dicindo: -Sube a Ramot de Galaad, e triunfa; pois Iahveh entregaraa na man do rei! 13 E o mensaxeiro que foi chamar a Micaías, díxolle: -Velaquí, as palabras dos profetas a unha anuncian cousas boas ao rei; agora que a túa palabra sexa como a deles, e anuncie tamén cousas boas. 14 Pero Micaías dixo: - Vive Iahveh, o que o Iahveh me diga, iso falarei! 15 E chegou ao rei, e o rei díxolle: -Micaías, iremos a guerra contra Ramot de Galaad, ou deixaremos de facelo? E el díxolle: -Sube, e prosperarás, e Iahveh entregaraa na man do rei. 16 Pero o rei díxolle: -Cantas veces che hei pedir que non me digas máis que a verdade no nome do Iahveh? 17 Entón el dixo: -Eu vin a todo Israel dispersado polos montes, coma ovellas que non teñen pastor; e Iahveh dixo: estes non teñen señor. Volvan cada un á súa casa en paz. 18 E o rei de Israel dixo a Iosafat: -Non che dixen eu? El non profetiza nada bo sobre min, senón só mal. 19 Entón Micaías dixo: -Escoita a palabra de Iahveh: vin a Iahveh sentado no seu trono, e todo o exército dos ceos estaba de pé arredor del, á súa dereita e á súa esquerda. 20 E o Iahveh dixo: -Quen enganará a Acab para que suba e caia en Ramot de Galaad? Entón un dixo unha cousa e outro dixo outra. 21 Pero saíu un espírito e púxose diante de Iaveh, e dixo: -Eu seducireino. E Iahveh díxolle: -De que xeito? 22 El dixo: -Eu sairei e serei espírito de mentira na boca de todos os seus profetas. E El dixo: - De certo o seducirás, e prevalecerás; vai e faino así. 23 Agora velaí, Iahveh puxo un espírito de mentira na boca de todos os teus profetas; pois Iahveh decretou mal sobre ti. 24 Entón Sedequías, fillo de Quenaana, achegóuselle e deu unha labazada a Micaías na meixela, dicindo: -Por que camiño saíu o Espírito de Iahveh de min para falarche a ti? 25 E Micaías dixo: -Velaquí, ti o verás naquel día cando vaias de cuarto en cuarto para te agochar! 26 E o rei de Israel dixo: -Sacade a Micaías e levádeo a Amón, gobernador da cidade, e a Ioas, fillo do rei; 27 e dirás: -Así di o rei: Botade a este no cárcere, e mantédeo con pan de angustia e con auga de aflición, ata que eu volva en paz. 28 E dixo Micaías: -Se volves san e salvo, Iahveh non falou por medio de min. E dixo: -Escoitade, todos os pobos! 29 E o rei de Israel subiu con Iosafat, rei de Xudá, a Ramot de Galaad. 30 E o rei de Israel dixo a Iosafat: -Eu disfrazareime e irei á batalla; pero ti, pon as túas roupas. Así o rei de Israel disfrazouse e entrou na batalla. 31 E o rei de Siria ordenara aos seus trinta e dous capitáns de carros, dicindo: -Non loitedes nin con grande nin con pequeno, senón só co rei de Israel. 32 E cando os capitáns dos carros viron a Iosafat, dixeron: -Este é o rei de Israel! E dirixíronse cara el para loitar con el. Pero Iosafat berrou. 33 E cando os capitáns dos carros viron que non era o rei de Israel, afastáronse del. 34 Pero un home lanzou o seu arco á tola e feriu o rei de Israel entre as xuntas da armadura; de xeito que el díxolle ao seu cocheiro: -Dá a volta e sácame do campamento, pois estou ferido. 35 E a batalla empeorou ese día, e o rei ficou no seu carro en fronte dos sirios, e á tardiña morreu; e o sangue da ferida corría ata o fondo do carro. 36 E ao poñerse o sol, saíu un pregón polo campamento, dicindo: -Cadaquén á súa cidade! Cada un á súa terra! 37 Morreu, pois, o rei e foi levado a Samaria, e sepultaron ao rei en Samaria. 38 E mentres lavaban o carro no estanque de Samaria (as prostitutas lavábanse alí) os cans lamberon o seu sangue, conforme a palabra que Iahveh dixera. 39 E o resto dos feitos de Acab e todo o que fixo, e a casa de marfil que construíu e tódalas cidades que edificou, non está escrito no libro das crónicas dos reis de Israel? 40 E durmiu Acab cos seus pais, e reinou o seu fillo Ocozías no seu lugar. 41 Iosafat, fillo de Asa, comezou a reinar sobre Xudá no cuarto ano de Acab, rei de Israel. 42 Iosafat tiña trinta e cinco anos cando comezou a reinar, e reinou vinte cinco anos en Xerusalém. A súa nai chamábase Azuba, filla de Silhi. 43 E andou en todo o camiño do seu pai Asa, sen se afastar del, facendo o que era recto aos ollos de Iahveh. Con todo isto, os lugares altos non foron quitados, senón que o pobo aínda sacrificaba e queimaba incenso neles. 44 E Iosafat fixo a paz co rei de Israel. 45 E o resto dos feitos de Iosafat, e as súas proezas e as guerras que fixo, non están escritas no libro das crónicas dos reis de Xudá? 46 Borrou tamén da terra o resto dos varóns consagrados á prostitución ritual que quedaran nos días do seu pai Asa. 47 Naquel tempo non había rei en Edom; había un gobernador no lugar do rei. 48 Iosafat fixo naves de Tarshis para ir a Ofir buscar ouro; pero non saíron porque foron destrozadas en Ezión-geber. 49 Entón Ocozías, fillo de Achab, dixo a Iosafat: -Vaian os meus servos cos teus homes nos barcos. Pero Iosafat non quixo. 50 E Iosafat durmiu cos seus pais, e foi sepultado con eles na cidade do seu pai David; e o seu fillo Ioram reinou no seu lugar 51 Ocozías, fillo de Achab, comezou a reinar sobre Israel en Samaria no ano décimo sétimo de Iosafat, rei de Xudá, e reinou sobre Israel por dous anos. 52 E fixo o que era malo aos ollos de Iahveh e andou no camiño do seu pai e no camiño da súa nai, e no camiño de Ieroboam, fillo de Nabat, quen fixo pecar a Israel; 53 porque serviu a Baal e adorouno, e provocou a ira a Iahveh, Deus de Israel, conforme todo o que fixera o seu pai.