Capítulo 29

1 E o rei David dixo a toda a congregación: -O meu fillo Salomón, o único que Deus escolleu, é novo e inexperto, e o traballo é grande, porque o templo non é para home, senón para Iahveh Deus. 2 Eu, con todalas miñas forzas, dispuxen para a casa do meu Deus: ouro para as cousas de ouro, prata para as cousas de prata, bronce para as cousas de bronce, ferro para as cousas de ferro, madeira para as cousas de madeira; tamén pedras de ónix, pedras preciosas, pedras mouras, pedras de moitas cores, toda clase de pedras preciosas e pedras de mármore en abundacia. 3 Ademais, polo meu amor á casa do meu Deus, o meu propio tesouro que teño de ouro e prata, doullo á casa do meu Deus, ademais de todo o que preparei para a casa do santuario: 4 tres mil talentos de ouro, de ouro de Ofir, e sete mil talentos de prata refinada para cubrir os muros dos edificios; 5 ouro para os obxectos de ouro, e prata para os obxectos de prata, e para todo traballo feito por artesáns. Agora ben, quen se dispón a entregar hoxe a súa ofrenda para Iahveh? 6 Entón os xefes de familia e os príncipes das tribos de Israel, os xefes de mil e de cen, e os administradores da obra do rei, ofreceron voluntariamente: 7 E deron para o servizo da casa de Deus cinco mil talentos e dez mil moedas de ouro, dez mil talentos de prata, dezaoito mil talentos de bronce e cen mil talentos de ferro. 8 E todos os que tiñan pedras preciosas, déronas para o tesouro da casa de Iahveh baixo a responsabilidade de Iehiel guersoniota. 9 E o pobo alegrouse por ter feito ofrendas voluntarias, porque con todo corazón fixeran ofrendas voluntarias a Iahveh; e tamén se alegrou o rei David con grande ledicia. 10 Entón David bendixo a Iahveh en presenza de toda a congregación. E dixo David: -Bendito es ti, Ó Iahveh, Deus de Israel o noso pai por sempre! 11 Túa é, O Iahveh, a grandeza, o poder, a gloria, a vitoria e a honra, porque todo canto hai nos ceos e na terra é teu; teu é o reino, Ó Iahveh, e ti es exaltado como soberano sobre todo! 12 De ti veñen a riqueza e a honra, e ti gobernas sobre todo, e na túa man están o poder e a fortaleza, e na túa man está o engrandecer e dar forza a todos. 13 Agora, noso Deus, dámosche grazas e louvamos o teu glorioso nome. 14 Porque, quen son eu e quen é o meu pobo, para que poidamos ofrecer tan xenerosamente? Porque de ti vén todo, e só do que recibimos de ti, démosche. 15 Porque somos estranxeiros diante de ti e peregrinos, como foron todos os nosos pais; os nosos días sobre a terra son coma unha sombra e non hai esperanza. 16 Ó Iahveh, o noso Deus, toda esta abundancia que preparamos para edificarche unha casa para o teu santo nome, vén da túa man porque todo é teu. 17 Eu sei, meu Deus, que ti examinas o corazón e te deleitas na rectitude, por iso eu ofrecín voluntariamente todas estas cousas na integridade do meu corazón; e agora vin con ledicia que o teu pobo que está aquí, ofrendouche todo sin pensalo. 18 Ó Iahveh, Deus dos nosos pais Abraham, Isaac e Israel, garda para sempre esta mesma motivación no corazón do teu pobo, e orienta o seu corazón cara a ti. 19 E dálle ao meu fillo Salomón un corazón perfecto para que garde os teus mandamentos, os teus testemuños e os teus estatutos, e para que faga todo isto e edifique o templo para o que eu fixen todos estes preparativos. 20 Entón David dixo a toda a congregación: -Bendicide agora a Iahveh o voso Deus! E toda a congregación bendeciu a Iahveh, o Deus dos seus pais, e axeonlláronse e prostráronse diante de Iahveh e diante do rei. 21 E sacrificaron vítimas a Iahveh e ofreceron holocaustos a Iahveh ao día seguinte: mil becerros, mil cordeiros e mil carneiros, con as súas libación e moitos sacrificios de parte de todo Israel. 22 E comeron e beberon ese día diante de Iahveh con grande ledicia. E proclamaron por segunda vez rei a Salomón, fillo de David, e unxírono como príncipe diante de Iahveh, e a Sadoc como sacerdote. 23 Entón Salomón sentou no trono de Iahveh como rei en lugar de seu pai David, e prosperou, e obedeceuno todo Israel. 24 E todos os oficiais e os valentes, e tamén todos os fillos do rei David, xuraron obediencia ao rei Salomón. 25 E Iahveh engrandeceu a Salomón grandemente a ollos de todo Israel, e deulle un reino tan glorioso como non tivera ningún rei en Israel antes del. 26 E David, fillo de Ixaí, reinou sobre todo Israel. 27 O tempo que reinou sobre Israel foi de corenta anos: en Hebrón reinou sete anos e en Xerusalém reinou trinta e tres anos. 28 E morreu en boa vellez, cheo de días, riquezas e gloria; e o seu fillo Salomón reinou no seu lugar. 29 Os feitos do rei David, os primeiros e os derradeiros, están escritos nas crónicas de Samuel o vidente, e nas crónicas de Natán o profeta, e nas crónicas de Gad o vidente, 30 con todo o que aconteceu no seu reino e o referente ao seu poder e todos os tempos que viñeron sobre el e sobre Israel e sobre todos os reinos daquelas terras.