1
Hiram, rei de Tiro, mandou mensaxeiros a David, con madeira de cedro, e canteiros e carpinteiros, para edificarlle unha casa.
2
E David entendeu que Iahveh o confirmara como rei sobre Israel, e que o seu reino fora grandemente exaltado por mor do seu pobo Israel.
3
David tomou máis mulleres en Xerusalém, e enxendrou máis fillos e fillas.
4
E estes son os nomes dos fillos que lle naceron en Xerusalém: Samúa, Sobab, Natán, Salomón,
5
Ibhar, Elisúa, Elpelet,
6
Noga, Nefeg, Iafia,
7
Elisama, Beeliada e Elifelet.
8
Cando os filisteos escoitaron que David fora unxido rei sobre todo Israel, todos os filisteos subiron a buscar a David. E cando David o soubo, saíu contra eles.
9
Entón os filisteos viñeron e fixeron unha incursión no val de Refaím.
10
E David consultou a Deus, dicindo: -Subirei contra os filisteos? Entregaralos na miña man? E Iahveh respondeu: -Sube, e Eu entregareinos na túa man.
11
Subiron, pois, a Baal-Perazim, e David venceunos alí. E dixo David: -Deus abriu brecha entre os meus inimigos pola miña man, como unha impetuosa corrente de augas! Por iso chamouse a aquel lugar Baal-Perazim.
12
Eles deixaran abandonados alí os seus deuses, e David mandou que os queimaran
13
Despois os filisteos volveron facer unha incursión no val.
14
David consultou de novo a Deus, e Deus díxolle: -Non subas contra eles; ven por detrás deles e sae a eles fronte as moreiras.
15
E acontecerá que cando escoites o son de marcha nas copas das moreiras, entón sairás á batalla, porque Deus sairá diante de ti para derrotar o exército dos filisteos.
16
E David fixo así como Deus lle mandara, e derrotaron o exército dos filisteos dende Gabaón ata Guezer.
17
E a fama de David estendeuse por tódalas terras; e Iahveh fixo que todas as nacións temeran a David.