Capítulo 1

1 No principio existía a Palabra e a Palabra estaba con Deus, e a Palabra era Deus. 2 Aquel que era a palabra estaba no principio con Deus. 3 Todo foi feito por el, e sen el non se fixo nada do que foi feito. 4 Nel estaba a vida e a vida era a luz das persoas. 5 A luz brila na oscuridade, e a oscuridade non a deu apagado. 6 Houbo un home enviado de Deus que se chamaba Xoán. 7 El veu coma testemuña para testemuñar da luz, para que todos cresen por el. 8 Xoán non era a luz, pero chegou para decir a todos quen é a luz 9 O que é a Palabra era a verdadeira luz que aluma a todas as persoas que veñen a este mundo 10 El estaba no mundo e o mundo foi feito por medio de el pero o mundo non o recoñeceu. 11 Veu aos que eran o seu porpio pobo, pero os seus non o recibiron. 12 Mais a todos os que o recibiron, aos que cren no seu nome deulles o poder de seren fillos de Deus. 13 Estes non naceron de sange nen da sua propia vontade, nen da vontade de outras persoas, senon de Deus. 14 E a Palabra fíxose carne e plantou con nos a sua tenda, e nos vimos a súa gloria, gloria coma de Único que ven do Pai, cheo de graza e de verdade. 15 Xoán da testemuño del proclamando: "Este é de quen eu vos dixen: O que ven despois de min e mais que eu, porque él existía primeiro ca min. 16 Porque da sua plenitude recibimos todos nos graza e mais graza, 17 porque a lei foi dada a través de Moisés; a graza e a verdade viñeron por medio de Xesus Cristo. 18 A Deus ninguén o viu, o Único que vive no seo do Pai, él foi quen nolo revelou. 19 E este é o testemuño de Xoán, cando os xudeos enviaronlle de Xerusalén sacerdotes e levitas para lle preguntar: Quen es ti? 20 El confesou e non negou: "Eu non son o Mesías". 21 Preguntáronlle: Entón quen es ti? Elias? El dixo: "Non son"- Ti es o profeta? Respondeu: "Non". 22 Entón eles dixéronlle: Ti quen es? para que lles poidamos dar unha resposta a aqueles que nos enviaron. Qué nos dis de ti mesmo? 23 El dixo: "En son unha voz que clama no deserto: "Preparade o camiño do Señor", como dixo o profeta Isaías" 24 Os que foron enviados eran fariseos, 25 e preguntaronlle: "Por qué estás a bautizar se non es ti o Cristo, nin Elías nin o profeta? 26 Xoán respondeulles: "Eu bautizo con auga; mais entre vós está un que non coñecedes; 27 o que ven despois de min, a quen eu non son digno de desatar a correa das suas sandalias". 28 Estas cousas aconteceron en Betania ao outro lado do río Xordán, onde Xoán bautizaba. 29 O día seguinte, Xoán viu a Xesús acercándose cara a el e díxo: "Velaí o Año de Deus que quita o pecado do mundo! 30 Este é de quen eu vos dixen: "Despois de min ven un home que é antes que eu, porque exístia primeiro ca min. 31 Eu non o coñecía, mais para iso eu bautizo con auga para que él sexa manifestado a Israel" 32 Xoán deu testemuño decindo: "Eu vin ao Espíritu baixar do ceo coma unha pomba que se pousaba e permanecía sobre el. 33 Eu non o coñecía, pero o que me enviou a bautizar con auga díxome: "Sobre quen vexas o Espírito descer e permanecer sobre él, ése é o que bautiza no Espíritu Santo: 34 Eu vin iso e son a testemuña de que éste é o Fillo de Deus" 35 De novo, no día seguinte, mentres Xoán estaba con dous dos seus discípulos e, 36 vendo a Xesús pasar, dixo: "Velaí o Año de Deus" 37 Cando os dous discípulos escoitaron iso, seguiron a Xesús. 38 Entón Xesús volveuse e vendo que eles o seguían, díxolles: "Qué buscades?" Eles respondéronlles: "Rabí (que quere dicir mestre), Onde moras? 39 El díxolles: "Vinde e ollade". Eles foron logo e viron onde vivía; e quedáronse con el ese día, porque era a hora décima. contra as catro da tarde para nós 40 Un dos discipulos que escoitou a Xoán e de seguido foi con Xesús era Andrés, o irmán de Simón Pedro. 41 O primeiro con quen se atopou foi o seu irmán Simón e díxolle: "Encontramos o Mesías (que se traduce como Cristo). 42 Entón levouno a Xesús. Cando Xesús o viu, díxolle: "Ti es Simón, o fillo de Xoán. Chamaránate Cefas" (que quere dicir Pedro). 43 No día seguinte, cando Xesús saiu para Galilea, atopou s Felipe e díxolle: "Sigueme". 45 Felipe era de Betsaida, a vila de Andrés e de Pedro. 44 Felipe encontrou a Natanael e díxolle: "Atopamos Aquel de quen escribiron na lei Moisés na lei e mais os profetas, a Xesús, o fillo de Xosé de Nazaret" 46 Natanael díxolle: "Poderá algunha cousa boa saír de Nazaret?" Felipe díxolle: "Ven e verás!". 47 Viu Xesús a Natanael aproximándose a ele e dixo: "Ahí tendes a un verdadeiro israelita, en quen non hai engano!" 48 Preguntoulle Natanael: "De que me coñeces?" Xesús díxolle: "Antes de que Felipe te chamara, eu vinte cando estabas debaixo da figueira" 49 Respondeulle Natanael: "Rabí, ti es o Fillo de Deus! Ti es o Rey de Israel! 50 Díxolle Xesús: "Porque che dixen:"Vinte debaixo da figueira, cres? Cousas mais grandes veras!" 51 E díxolles a todos: "Con toda verdade volo aseguro: veredes o ceo aberto e os anxos de Deus subindo e baixando sobre o Fillo do Home"