Capítulo 3

1 Por tanto, santos irmáns, participantes do chamado celestial, considerade a Xesús, como o Apóstolo e Sumo Sacerdote da nosa fe. 2 Quen foi fiel ao que o chamou, como tamén o foi Moisés en toda a casa de Deus. 3 Porque El foi considerado digno de máis gloria ca Moisés, así como o construtor da casa ten máis honra que a casa mesma. 4 Porque toda casa ten un construtor, mais o que fai todas as cousas é Deus. 5 E Moisés foi fiel na casa de Deus como servo, para testemuña do que se diría máis tarde; 6 mais Cristo é Fillo fiel sobre a casa de Deus: casa del somos nós se nos aferramos á confianza e nos gloriamos na esperanza. 7 Polo que, como di o Espírito Santo: "se ouvides hoxe a súa voz, 8 non endurezades os vosos corazóns, como na rebelión, como no día da proba do deserto, 9 onde os vosos pais me tentaron ao pórme a proba, aínda que xa viran as miñas obras durante corenta anos, 10 por iso, desgusteime con aquela xeración, e dixen: "sempre se desvían no seu corazón, e non recoñeceron os meus camiños"; 11 como xurei na miña ira: "non entrarán no meu sosego." 12 Tende coidado, irmáns, non sexa que algún de vós teña un corazón malo e incrédulo, para apartarse do Deus vivo. 13 Mais ben, alentádevos uns aos outros cada día, mentres se poida dicir: "hoxe"; non sexa que algún de vós se deixe endurecer polo engano do pecado. 14 Porque viñemos ser partícipes de Cristo, se é que mantemos firme ata o final a convicción, 15 xa que se nos di: "se ouvides hoxe a súa voz, non endurezades o voso corazón, como na rebelión." 16 Porque, quen foron os que se rebelaron cando ouviron? Acaso non foron todos os que saíron de Exipto guiados por Moisés? 17 E con quen se desgustou por corenta anos, non foi cos que pecaron, aqueles que caeron mortos no deserto? 18 E a quen xurou que non entrarían no seu sosego porque foron desobedientes? 19 Entón, vemos que non puideron entrar pola súa incredulidade.